Antón e Mariña espertarón moi cedo, emocionados ca nova casa de Amsterdam, pola que intercambiamos a nosa. Creo que lles gusta viaxar, bueno sobre todo explorar os xogos dos nenos da casa, dormir na súa habitación, flipan co colchón de auga, andan a construir unha cidade cas pezas que atoparon, máis ben tres cidades, Ratonia, Trebol e Disney. Nesta cidade dos países baixos a bicicleta é a clave para moverse. Hoxe, si o tempo o permite, alugaremos bicicletas e iremos ata o centro a descubrir a cidade dos canles.
A nosa casa, por unha semán, ten unha fermosa vista sobre un parque interior con árbores centenarios, pertence a unha urbanización dos anos trinta, unha fermosa cidade xardín, con moitas zonas verdes, sen valados, con grandes fiestras abertas ao exterior, seguindo as reglas do calvinismo. Todas as casas co seu banquiño diante, para sair a tomar o sol e charlar ca xente.
A nosa casa, por unha semán, ten unha fermosa vista sobre un parque interior con árbores centenarios, pertence a unha urbanización dos anos trinta, unha fermosa cidade xardín, con moitas zonas verdes, sen valados, con grandes fiestras abertas ao exterior, seguindo as reglas do calvinismo. Todas as casas co seu banquiño diante, para sair a tomar o sol e charlar ca xente.
4 comentarios:
Encántame o teu blog ao que cheguei poñendo algo de vexetariano no google..Vale, vexo que non es vexetariano... mais atopo moitas cousas coas que me identifico e por iso me gusta o teu blog, aparte do xeito no que escrebes.
O título é fantástico: mais alá do transformador... detrás da miña casa , trala aira e o prado de atrás (dos veciños)nunha aldea de Lugo había un transformador que eu de moi nena imaxinaba coma un castelo... Qué naïf!
Este ano decasteime de que o derrubaron e sinto moooita pena. Nen siquiera teño unha foto na que saíse o transformador... :-)
Unha aperta. Seguireite lendo.
Por certo, qué web usas para intercambio de casas?
Grazas, polo teu comentario. É moi amable, para un non vexetariano. Fai anos en Nova York, con uns familiares e amigos escoitei falar du transformador que había na aldea da miña avoa, perto de Castro Caldelas. Eles falaban do mundo máis ala, ou máis acá do transformador... Pareceume un sentimento e unha imaxe moi fermosa, que logo utilicei cando empecei este blog. Podes vir cando queiras, ou teñas lembranza do teu castelo.
A páxina que utilizamos é: www.intercambiodecasas.com
Unha aperta.
Non, hai un erro:www.intercambiocasas.com
De seguro que por aqui andarei ¡, mirando as actualizacións. Grazas por me respostar.
Saúds.o
Publicar un comentario