Mentres paseábamos por riba do lago xeado de Saint Morizt, cunha sensación máxica e inquietante, cóntolles ós meus unha visita a Manzaneda a finais dos anos 70 cuns clientes do noso restaurante, que non ían a esquiar, pero gustáballes camiñar pola neve como hoxe a nós. Fabiola tiña 7 anos e eu 6, queríamos coñecer esta Serra. Lembro que íamos nun Renault 8, branco, ata Estación, ou o que era entón Manzaneda. O coche ía con cadeas, as estradas non estaban preparadas. Había soio un refuxio onde acollerse e tomar algo quente. O día voltouse gris, nevando sen parar, sen case visibilidade, sen poder sair do coche. Que frío, nunca se me esqueceu esa viaxe. A vestimenta non era adecuada para esas temperaturas, xogamos un anaco ca neve e en pouco tempo as nosas roupas acabaron traspasadas e molladas. Era o principio da neve, os de Vigo e A Coruña estaban a descubrirnos e nós empezábamos a ter curiosidade polo noso entorno.
martes, febrero 28, 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario