domingo, marzo 29, 2009

A lingua de amor dos galeguistas


XESUS ALONSO MONTERO

"...O problema do galego é distinto agora. Daquela era un idioma prohibido; agora é certo que se perden falantes, pero pasa algo que non pasaba antes: agora hai arquitectos, catedráticos ou directores de banco que falan galego. Nos anos sesenta en toda Galicia só se falaba galego nunha casa con status urbano e universitario, que era a casa de Antón Beiras e de Antía Cal; os demais falaban todos en castelán, comezando por Fernández del Riego, que facía o amor en castelán, e Otero Pedrayo toda a vida falou con súa nai en castelán, e Carvalho Calero faláballe en castelán á súa muller e aos seus fillos. Por que a lingua de amor dos galeguistas é o castelán? É que estaba Franco aí no medio?..." Estracto dunha entrevista a Alonso Montero en Vieiros.

Vaiche boa co auto do "Prestige"


O BNG pon en cuestión a imparcialidade da maxistrada que entende no caso do "Prestige" en Corcubión. A maxistrada está casada con un concellal do P.P. e o auto desta basase nunha peritaxe feita por un asesor do M. Fomento, de Álvarez Cascos, o que tomou a decisión que agora se xuzga.

martes, marzo 24, 2009

O citroën de Feijóo, "si nos lo cenden gratis, fenomenal"



Carlos Martínez Buján, antigo profesor de dereito administrativo de Feijoo, retrata con precisión o "tipo delictivo" que se atopa detrás do préstamo de uso do citroën e que ocurriría se a cousa continuara cando Feijoo sexa presidente da Xunta.

"Eso sí, no me cabe duda alguna, en cambio, de que si, una vez nombrado presidente de la Xunta, Feijóo aceptase el préstamo gratuito del Citroën (como es su intención: "Si nos lo ceden gratis, fenomenal"), habrá cometido el referido delito de cohecho, porque como presidente no sólo tendrá atribuidas las aludidas competencias genéricas, sino que además deberá pronunciarse inevitablemente en el futuro sobre asuntos específicos que afectan a la marca francesa: tendrá que contratar con ella e incluso deberá intervenir en caso de (previsible) conflicto entre la empresa y los trabajadores. Y debo confesar que me veo obligado a efectuar esta advertencia de ilegalidad no sólo por lealtad institucional sino también porque en cierto modo me sentiría responsable indirectamente de ella, dado que, si mis cálculos no son erróneos, fui yo el profesor que explicó a Núñez Feijóo los delitos cometidos por funcionarios públicos en el ya lejano curso 1980-1981 en la Universidad compostelana."

sábado, marzo 21, 2009

Emigrante, de costas ao dourado



1979, na pequena e fría vila de Castro de Caldelas, a chegada de Ovidi Montllor e o pequeno equipo de rodaxe causou certo balbordo. Na mente de moitos estaba a súa interpretación en “Furtivos”, a exitosa película de Jose Luis Borau. Olegario Sotelo Blanco reflexionaba en carne propia sobre o tema da emigración e atreverase a escribir xunto con Armesto Pontón as súas reflexións sobre iste problema. De esa toma de conciencia saíu “Emigrante”, pero sobor de todo Sotelo Blanco Edicións, que naceu en Barcelona e logo trasladouse a Galicia, en certa medida deu a volta na viaxe da emigración. Moitos proxectos culturais nados do “espírito do Shangai”, aquel tren que comunicaba Galicia con Barcelona.

A emigración non é unha ganga… dí, Armesto Pontón, o obreiro, dende a fábrica de Seat, interpretando o seu propio persoaxe, a súa propia vida. Unha mensaxe actual que podería compartir calquera inmigrante Boliviano, Peruano, Polaco ou Senegalés. Non hai que esquecer que daquela o (Instituto de la Emigración) facilitaba todas as formalidades para emigrar, había unha chamada do estado a emigrar… esa maquina cas cores do estado, que tiraba da nosa xente. Salvo Mari Luz Villar e Ovidi Montllor, os outros actores non eran profesionais. O tema do himno choca, pero está clara a idea da chamada a traballar por Galicia, que no caso de Olegario foi exemplar.

Gústame a mestura da ficción e o documental. Gústame a idea de baixarse os pantalóns antes de entrar na taberna da vila para logo voltar ás carreiras de bulleiro da aldea. O emigrante interpretado polo “Grasas” mostra, como dí Manolo Gonzalez, a imaxe do dourado. O mesmo dourado que agora ven os subsaharianos ou outros pobos no primeiro mundo. A parte doce da emigración.

En Flocos, o portal audivisual galego, da Consellería de Cultura, podese ver esta curtametraxe.

viernes, marzo 20, 2009

Luces, A cultura que virá, X.M. Pereiro



" O que di o programa electoral do PP sobre cultura non enche unha folla."

"Agora non sei qué vai pasar, porque o PP non fala do asunto, quizais porque as súas bases están moi excitadas por poder volver falar español e volver rezar despois de tres anos e medio de prohibición." Quico Cadaval

" Deberían deixar e regar calquera semente". Mercedes Peón

"Eterno navegar" de Uxía


Onte, pola noite, na sala Luz de Gas, Uxía interpretou cancións do seu novo disco "Eterno navegar". Un canto á lusofonía, un album no que Uxía, partindo da tradición galega, achégase aos paises atlánticos, Portugal, Brasil ou Cabo Verde. Foi unha noite fermosa, de inicio da primaveira, con moitos amigos unidos pola voz desta galega, con cancións de "Eterno navegar", e tamén do seu anterior album, "Estou vivindo no ceo".

miércoles, marzo 18, 2009

O carro e o Home, a humanización do carro.



Entre os contidos de Flocos, páxina audiovisual galega, atopei esta xoia da nosa cinematografía. Un documental de Antonio Román con guión e voz en off de Xaquín Lorenxo (Xocas), rodada nas terras de Lobeira.

" O carro e o home, realizado en 1941 na comarca ourensá de Lobeira. Esta película é un relato liñal da vida do carro, unha "biografía do carro" formalmente emparentada coas vangardas anteriores á Guerra Civil. Finalizada a rodaxe, a película quedaría sin sonorizar. Xoaquín Lorenzo gardaría unha copia en Ourense que se montou en colaboración co Museo do Pobo Galego en 1980 por iniciativa do cineasta Eloy Lozano, e Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra pola súa conta en 1945." Flocos.

martes, marzo 17, 2009

Posible prevaricación de Alberte Feixoo


Ainda non entrou Feixoo en faena e o pasado andalle detrás. Todo apunta a que o Tribunal Supremo vai declarar ilegal o Plan Xeral de Ordenación municipal da cidade de Ourense. Durante o proceso de aprobación, nunha das súas fases, foi trocado o seu contido. Daquela, Oscar Santalices, según dí hoxe El País, denunciou iste feito a Alberte Feixoo, que mirou para outro lado e deulle o visto bo da consellería.

domingo, marzo 15, 2009

Traballar pola nosa lingua, sen imposicións



“…a educación plurilingüe é moito máis cá promoción dunha segunda ou terceira lingua: é apostar polo
desenvolvemento social, polo enriquecemento da comunidade e pola consecución dun mundo máis
democrático, educado, culto, tolerante, libre e plural.” Universidade de Vigo.
“…Nun mundo cada vez máis globalizado e uniformizado (xa que logo, empobrecido), a parte máis libre e
 intelixente da humanidade aférrase cada vez máis á riqueza das diferenzas, da diversidade natural.
 Preservar a riqueza lingüística e cultural da terra é o mesmo que preservar para o futuro a riqueza
ecolóxica, paisaxística etc.” Universidade de Vigo.
Coido que hai que taballar pola lingua sin que os cidadáns teñan a sensación de que lles impoñen unha lingua. Traballar para que a lingua gane prestixio, para que aqueles que teñen por lingua nai o galego non o deixen ao chegar ás cidades ou teñan complexo.

Suso de Toro identifica ó lixo



"Seguramente Alberto Núñez Feijóo no se imaginó llegar a presidente de la Xunta pisando esa alfombra de basura, pero así llegó. La política es un juego cruel y la política rastrera más; si Núñez Feijóo se duele de manchar sus zapatos debe recordar cómo trató y cómo quedaron Quintana y Touriño. Lo que se les hizo es incalificable. Y no es algo que podamos o debamos olvidar ahora: "Dejemos ya de hablar de esos coches dichosos". Esa basura es el cimiento sobre el que se levanta la nueva legislatura y la nueva Xunta que salga de ese Parlamento."

viernes, febrero 27, 2009

Si non votas, voltan



Casa construida por Fraga en Montepio (Santiago).
Proba da súa "austeridade".


" Desta vez, non veño con boas vibracións. Ver vin o lobo. Só hai unha posibilidade de que non veña. Que o electorado de esquerdas, esas ducias de miles de persoas que aman a liberdade, non caian nunha abstención activa como semella que pode pasar. Os resultados dependen agora mesmo dese 4 ou 5 % da poboación."

Conversa entre Fermín Bouza e Manolo Rivas hoxe en "El País"

viernes, febrero 13, 2009

Antón Baamonde: "vieja nueva derecha"

Interesante artigo de Antón Baamonde na edición galega de El País.

"Pero la nueva derecha que está surgiendo en Galicia es, para entendernos, una derecha pija, de colegio privado, cortada por el patrón del barrio de Salamanca. De ella imita su descaro, su radicalismo, sus modas, tiempos y obsesiones. Es una derecha, sin embargo, de escasa masa crítica. Lo lógico es que ese conservadurismo ideológico, de gentes del Opus Dei que objetan contra Educación para la Ciudadanía, de padres de profesiones liberales a los que horroriza que sus hijos sean educados en otro idioma distinto del verdadero, de clases medias que quieren ver confirmada su nueva pertenencia creando un cerco de distancia social ante el mundo del que provienen, tengan que ir despidiéndose de la idea de que pueden definir en exclusiva el sentido de lo que es Galicia y lo que es España."

domingo, febrero 01, 2009

A onde vai o Castro



Camiño de Mazaira, alá polo San Sebastian, vin estas rodeiras nunha horta de Condelle, alí dende onde a vila parece plana. Suxeriume a idea do Castro arrancando con forza, tanta como para deixar esas rodeiras. Podería ser un bo debate, se hai interés en reflexionar, dunha maneira positiva, sobre nós mesmos e as nosas posibilidades, sen personalizar nen responsabilizar a ninguén da situación actual, senón pondo a mirada no futuro e intentado imaxinar como será a nosa fermosa vila a finais da segunda década do século XXI.

miércoles, enero 28, 2009

Tempos de crisis, recesión



Agora que montañas moi altas bican o chan. Agora que grandes verdades se poñen en duda, agora que soplan novos ventos na capital do imperio, agora que a confianza botouse ao monte, nós, subimos ao máis alto para ter un pouco de perspectiva.
Masella 2009.

lunes, enero 26, 2009

New Deal en caldelas


Moitas obras públicas no Castro e as que virán. Obras moi necesarias, como a canalización de residuos da cubiarca, nos Pilos.
Vallas de ferro e pedra abrazando a airexa. Chan novo no adro. Din que o prado pronto tera novo empedrado, para máis comodidade do aparcadoiro. Calquera instrumento é bo para apoiarse.

Na oscuridade do inverno, os fachós.



Oscuridade, noite, sombras,caldelaos.
Centos de lápices de lume debuxan no aire formas de luz.
Fascinación polo lume dende a caverna, os fachós.

jueves, enero 22, 2009

A Caracocha de Montederramo



A blogosfera continua aumentando na nosas bisbarras. Fai uns días botou a andar "A Caracocha", o blogue da asociación de mulleres rurais de Montederramo. Unha fermosa montaxe da plaza co árbore que da nome a asociación, nas diferentes estacións, fai de cabeceira. Un árbore de 400 anos cheo de lendas.

O inverno da Matilde



A aboa Matilde vive na Airexa, na parroquia de Mazaira. Pertence ao primeiro cuarto do século XX e sempre viviu alí na mesma casa onde os Bilbirichos decidiron asentarse dende fai moitas xeracións. O duro inverno vai caindo pero ela resistese a abandoar a súa aldea. Resiste, como resiste un mundo que non quere desaparecer. Non, non será a última moradora como na novela de Julio Llamazares “La lluvia amarilla”, porque na Airexa hai familias e xente nova con moitas cabezas de gando.

Como decía o gran director de cine, Billy Wilder, que nacera na outra galicia, de Polonia, con unha soia frase debería ser posible definir a un persoaxe. Non fai moito Matilde decíalle ao xenrro, para explicar o mundo, — “malo do rato que soio ten un burato…”.

Entre lusco e fusco, nos camiños que chegan a Airexa soan as esquilas das moitas vacas que voltan as casas. A imaxe é fermosa e mostra a vida que ainda hai nesta aldea.

A Airexa agochase nunha ladeiriña da serra de Mazaira que a protexe dos ventos que veñen polo norte, por Monforte. Aos pes desta aldea os grandes lameiros reparcelados morren no pequeño rio Ferreiros e nas Touzas.

Fai moito frio pero saimos a camiñar polo camiño que vai dende Airexa ata Mazaira. A medio camiño está a casa soia de Alende que foi mercada en internet, por unha xente de Bilbao. A aboa dí que son moi bós veciños pero neste tempo non aguantan co frio e marchan.

— Coido que deberon de equivocarse, compraron en internet, viñeron no verán, cando o clima é agradable e hai moita xente, pero cando chega o inverno as cousas son moi diferentes.

— Tamén vostede vive eiquí. No inverno e no verán.
— Non, pero onde vas comparar, non ten nada que ver.
— Porqué, aboa, porqué non ten nada que ver…?
— Porque eu sempre vivin eiquí, eu non elexin.

Xa vai oscurecendo e Matilde axina decide dar a volta e desandar o andado.

Ao final nevou

Era como si a neve, tan desexada, non quixera que fuxiramos. O mércores, sobre as dez, da maña, nevou a rachar. Facía moito tempo que non vía nevar así no Castro. Bo épilogo para os fachós.

jueves, enero 01, 2009


Fai uns días no xornal "El País" publicaba unha entrevista de Marcos Doespiritusanto ao editor caldelao Olegario Sotelo Blanco que quero compartir en máis alá do transformador.