domingo, marzo 04, 2007

Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas



Onte a noite, na televisión galega, no programa “Son de Estrela”, Elena Pérez cantou con gran éxito a canción “Xuntos” de Juan Pardo. Ten 25 anos e é diplomada en Turismo. Pertence a familia do “páxaro azul”. Filla de Melita e Pedro. Irman dos músicos Carlos e Pedro que dende moi novos tocan nos diferentes grupos da vila. Elena cantou no coro “Lembranza” e tocou a pandereta en “Airiños de Caldelas”.

«Uns amigos avisáronme do cásting. Eu decidín presentarme porque, desde moi pequena, gústame moito cantar. Penso que é unha oportunidade para demostrar algo e para darme a coñecer».

Según me contan quedou de segunda e ten moitas posibilidades. Pili Pampín, cantante de sona e membro do xurado resaltou a calidade da súa intervención e o seu estilo. Noraboa para Elena e esperamos que finalmente se converta na gañadora deste concurso que presenta Tete Delgado.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Por Diossssss, no me lo puedo creer, la Elenita en la tiví... Como ya no vivo en Galicia no lo pude ver. Que conste que lo digo con muchísimo cariño. Elena es una chica "mu curiosa" y es verdad que ella tiene alma de artista, pues ánimo para ti, guapa, y si tengo que apoyarte desde Cáceres lo haré encantada

Anónimo dijo...

por cierto, que en la foto Elena no sale nada favorecida, ella es mucho más requeteguapa. Que conste.

Bautista Sotelo dijo...

Foi a única foto que atopei buscando na rede.

Anónimo dijo...

para ésta de Caceres, ¿creo que a TVG se ve en todo o mundo!, que non se olvide do pobo.Encanto a actuación da Elena a filla do Pedro e a Melita un 10,¿haber cantos do pobo ten as tablas que ten esta rapaza?. Animo sigue pra diante.

Anónimo dijo...

hola a todos soy Elena, muchas gracias por los comentarios.
Espero que aunque no gane,porque es muy dificil al menos deje el pabellon bien alto.
Al menos lo intentare.Es una ilusion que tenia y se me ha dado una oportunidad que no desaprovechare.
Un saludo para todos y espero que me apolleis.
Ya enviare alguna foto en la que salga al mas favorecida.
bicosssss

Bautista Sotelo dijo...

Hola Elena, si me envías unha foto ou me dices onde podo conseguir un video ca túa actuación poderíamos colocalo na túa entrada. Temos curiosidade por esa actuación da que todo o mundo fala. Gracias e moita sorte nesta aventura.

Anónimo dijo...

Elena, eres tremenda! No sé cómo serán tus rivales pero estoy segura de que tendrás posibilidades, sacarás tus mejores armas y encantos, seguro que sí. Prometo comprarme el primer cd que saques al mercado (jeje). Mucho ánimo, estaré pendiente del tlfn cuando actúes porque no podré verte.

Anónimo dijo...

"Esta de Cáceres" no se olvida del pueblo ni un minuto de su vida!!! pero siento deciros que los pobres funcionarios que tenemos tv "normal" (de la de gratis, vamos) no podemos ver la tvg, así que hay veces que hasta tengo morriña... ¡¡¡¡¡¡¡¡DEL GAYOSO!!!!!! Jejeje. Elena forever y ganadora, pienso hacerme una camiseta de apoyo aunque sea con rotulador

Anónimo dijo...

Bautista, Elena, Caldelaos... que alguien me informe de esa última actuación versioneando a la Gran Rafaela!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Boas, o concurso "Son de Estrelas" no que CALDELAS está representada por Elena está na segunda fase, da que xa se emitiron 2 programas dun total de 11 que terá.
Esta fase é un sistema de liguiña parecido ó do futbol, compiten nela 12 comarcas e enfrontanse entre elas como si fose un partido de futbol (6 enfrontamentos cada semana de 2 comarcas).
De cada enfrontamento un xurado decide si ten un gañador que se leva 3 puntos (o perdedor ningun); ou si hai un empate, neste caso leva 1 punto cada un. A estes puntos que van tendo cada semana sumanlles os puntos que tamén lles dan os votos du publico por telefono 3, 2 ou 1 segun os votos de cada semana; é o final o que máis puntos teña gana o concurso.
Na primeira semana Elena e 3 máis estaban de primeiros con 3 puntos, 4 de segundos con 1 punto, e os outros 4 con 0 puntos.
Despois da segunda semana, vai en cabeza unha rapaza con 8 puntos, 2 de segundos con 4 puntos, e Elena con outros concursantes con 3 puntos na terceira posición.
Elena faino moi ben, o certo e que está deixando o pobo en moi bo lugar, tendo en conta que non recibe ningun punto de votos por telefono (que son os que deciden o ganador, xa que unha persoa podese levar 33 puntos de votos en total sin ter ningun mérito). Quero dicir que ainda que ela gane todos os enfrontamentos que lle quedan, acadaria un total de 30 puntos; e podese dar o caso de que outra persoa sin ganar ningun enfrontamento teña 33 puntos que lle deron via votos por telefono.
Todo isto ven a que temos que apoiala, a que temos que rascar un pouco o bolsiño e mandar algún sms ou chamar por telefono (cousa que se pode facer desde calquera sitio)
O telefono para votar é 905411541 ou tamén enviando unha sms o 7788 co texto: FAVORITO ELENA
Os votos hai que facelos desde o Sabado as dez da noite ata o luns as cinco da tarde. Pídovos a todos os veciños do pobo a que chamedes e votedes todas as semanas as veces que poidades, e que llo digades a toda a xente que coñezades para que sexamos máis a votar e así lle podamos sumar algúns puntos a Elena que nos está a representar a todos.
Cada pouco irei contandovos como vai a cousa.

BAUTISTA, Graciñas pola páxina, e anima a xente a que participe votando

Anónimo dijo...

Moi boas a todos, o nome de CALDELAS segue a ser nomeado na Tvg.
Esta semana ELENA recibiu a sorpresa (cada semana, un concursante recibe unha sorpresa); consistiu nunha actuación do grupo ARIÑOS DE CALDELAS, unha muiñeira acompañada por un bailarín de break-dance, """IMPRESIONANTE""", algo ó que nos teñen xa acostumados os irmáns de ELENA. A xente quedou "alucinada"; pero máis alucinado quedei eu cando lle deron un empate (significa 1 punto) despois de cantar unha canción de Pimpinela de maneira maxistral, pero así é este concurso.
Ben xa levamos 3 semanas de concurso e a situación de ELENA vai a peor, despois de comezar en cabeza a primeira semana, pasou ó terceiro posto na segunda semana, e logo desta semana está de octava con 4 puntos.
Non pensedes que esto é por malas actuacións, todo o contrario, ela borda os temas, pero o sitema de votos por telefono non lle favorece nada. Un exemplo, o concursante de Ferrol, vai de segundo con 7 puntos dos que 6 son de votos por telefono e 1 de méritos, mentras Elena so leva 4 puntos de méritos. Esto amosa duas cousas; unha que non ten máis posibilidades de gañas o que mellor o fai, senon o que máis chamadas recibe; e outra cousa e que as chamadas fanas os veciños para apoiar ó representante do seu concello. Pois neste punto e onde nos temos que mover todos, así que xa sabedes, mandade unhas sms ou chamade para votar, necesitamos o voso apoio.
"""Outra cousa ó CONCELLO e á concelleira de Cultura, a ver si nos movemos un pouco pola xente que defende o nome do pobo por ai adiante. Podese facer algo máis."""
Noraboa Bautista.

Anónimo dijo...

Os programas pasados de Son de Estrelas están colgados na web da crtvg.es, ainda que os vexamos con retraso (porque colgan os clips uns días depois da emisión) podemos así alimentar un pouco a morriña. É o que ten vivir lonxe...Ánimo Elena, estás facendoo moi ben.