sábado, marzo 17, 2007

Un casamento no Vallés


Logo de moitos anos camiñando xuntos, primeiro polas terras de Valladolid e, agora, por Barcelona, onte, Carlos Vázquez e Ruth Canal decidiron facer unha parada na súa viaxe e formaliza-lo seu matrimonio na fermosa vila de Sant Cugat do Vallés. Nunha moderna sala do concello, desta tranquila vila residencial, o sol primaveral entraba con forza por un lateral, iluminando a sala, e imaxinei que os deuses da natureza vendecían iste acordo fraguado fai anos nas beiras do “Dray Martini”.

Tiven que testificar no seu favor e, mentres o teniente alcalde resaltaba que no código civil hai dereitos e obrigas pero non hai ningún artigo que os obrigue a quererse…, botei man das lembranzas e coñecementos que eu teño do Carlos e da Ruth para ver a forza e valía da miña testifical.

Cando tíñamos perto dos oito anos, Carlos e máis eu, coincidimos nun campamento de verán en Porto do Son (A Coruña). Alí, na parte máis occidental da península do Barbanza pasamos un mes enredados en moitas actividades deportivas e xogando nas praias desta bisbarra. Descubrimos o mar; o mar das rías altas, a súa forza, a súa beleza e o contraste cas nosas terras do interior. Alí sementamos no horto da amistade, que ainda dura.

Carlos, licenciouse como arquitecto técnico (aparellador) pola universidade de A Coruña, traballou para grandes empresas da construcción, con responsabilidades económicas de moito nivel e, fai un tempo, decidiu baixar á escala pequena, a escala humán, na que un ten control e disfrute de todo aquelo que fai. Fai un ano fundou a súa propia empresa que empeza a abrirse un oco no competitivo mundo económico catalán.

Ruth Canal, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela co obxetivo de especializarse nos trastornos do linguaxe e a fala, fixo un master en logopedia na universidade de Barcelona e cursos de doutorado en madrid e Valladolid. Entrou con forza no Vallés, en pouco tempo fixose ca lingua catalana e a súa profesionalidade viuse compensada ca consolidación de unha carreira profesional traballando no eido que sempre quixo, a logopedia. Para ela, soio é un paso, xa que a verdadeira batalla virá cando, como Don Quixote, se enfrente ó cabaleiro da media lúa nas praias de Barcino.

Istes mozos de caldelas adoran a cidade dos prodixios e están enmeigados pola luz crara e suave do mediterraneo. Sempre que poden voltán a caldelas e participan moi activamente nesa fiestra que é “O prado” co desexo e a ilusión de que ise mundo que levamos dentro se parezca cada vez máis os nosos soños.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Boda ou voda?. En galego voda.

Bautista Sotelo dijo...

No diccionario de Alonso Extravis figura como boda. Figura tamén casamento que me gusta máis.

Anónimo dijo...

Extravis non emprega o galego normativo, non é unha referencia se queres empregar o galego "oficial".Pódese dicir voda ou casamento indistintamente.

Anónimo dijo...

Con "B" o con "v" la noticia es el casamiento. ¡Enhorabuena! y como dicen los más antiguos "que sea para bien"

Anónimo dijo...

me pregunto que lleva a alguien a corregir una falta de ortografía en una situación como ésta.

La verdad, y aunque entiendo que las faltas a veces dañan la vista, es que no he tardado mucho en encontrar la respuesta. Son personalidades mentalmente rígidas, entiéndase poco flexibles y con poca capacidad de adaptación.Y ahora alguien dirá, es que no se puede decir nada, es que no admitís la críticas... si hombre sí, corrije lo que quieras, que todos aprendemos de ello, pero felicita a los novios primero ¿no? sino a mi enteder incurres tú en otra falta de ortografía o cortesía.

Por mi parte, deseo que ese matrimonio se quiera por muchos años. Un saludo.

Anónimo dijo...

FELICIDADESSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!!!!!!!!!
Encarna

Anónimo dijo...

VODA, preferiblemente. Conservemos o estadío culto da língua galega máis próximo ó latín VOTUM: PROMESA... acto de fé, e se queres, intención de amar ,entrega ó ser amado, agasallo de confianza plena, vontade de querer...aissss...fermoso non? Preservemos a grafía para non esquecer o verdadeiro significado e con él a riqueza da língua, e ¿por qué non? qué vivan os noivos!!!!!Abofé que son encantadores!!!!!!!