domingo, agosto 19, 2007

18 de agosto, feira en Caldelas, unha cita do pasado

Xa fai anos que a feira entrou en decadencia. O gando desapareceu e a súa función social e cultural foi mudando. A abundancia de coches fai que a xente das aldeas veña á vila cando ten necesidade, sen esperar ao día da feira, como antes acustumaban facer.

Habería que pensar ou repensar a feira: os seus usos, as súas actividades, e as súas posibilidades no eido dos tempos actuais. Paréceme que as vendedoras de froita e verduras da terra deberían ocupar un espazo destacado na praza, para que outros vendedores de productos da terra, se animaran a vir á feira. Pode que por eí se atopen novos vieiros para a economía caldelá.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola..primeiramente felicitacions polo traballo na túa páxina. Gustaríame poñerme en contacto contigo e con xente que poida axudarme. Estou facendo un traballo relacionado coa zona de Castro Caldelas e necesito informacións sobre este concello; facervos algunhas preguntiñas. Por favor escribídeme a mariaecid@hotmail.com