martes, agosto 21, 2007

Pablo Devigo, o mellor gaiteiro de Galicia


A través dun mensaxe, que agradezco, en “máisaladotransformador”, soupen que o fillo da Manolita e do Pepiño —o mecánico que está no lugar do Real da Pousa— era un recoñecido gaiteiro. Pablo ten 17 anos e pola información que poiden atopar en internet conta cos máis importantes premios no eido da gaita. Prometo non voltar a falar do fillo do Pepiño, senon máis ben do pai de Pablo.

Según “La Voz de Galicia” toca dende os 7 anos e o 17 de agosto, en Soutelo de Montes, en Forcarei, fixose co prestixioso premio “Avelino Cachafeiro”, que según os entendidos é o título oficioso do mellor gaiteiro de Galicia. O faro de Vigo.es recolle unha interesante retrato e entrevista con Pablo Devigo na que dí, entre outras cousas que: “ Avelino Cachafeiro é o referente. Sobre el recae a figura do virtuoso, a súa técnica e expresividade son totalmente actuais. Noutras nacións con gaita tamén existe esta figura, en Asturias pódese falar de Remis Ovalle, que tamen é a figura do virtuoso e ademais son máis ou menos coetáneos”.

Según me contan, Pablo Devigo foi herdeiro dalgún segredo do Sr. Luis Amaro, o coñecido membro dos primeiros “Trabazos”, formou parte da banda de Castro Caldelas “Os Trabazos” e tamén da “Real Banda de Gaitas de Ourense”.

Noraboa por tantos éxitos e agora xa sabemos que no mundo da gaita, a parte de Carlos Nuñez, Budiño, Susana Seivane e Cristina Pato está por dereito propio Pablo Devigo e, no futuro, seguiremos a súa carreira con moito interés e ilusión.

Teño moita curiosidade por saber máis da súa música e invito Pablo e os que o coñecen a que nos conten as súas andainas.
A foto de Pablo Devigo é do Faro de Vigo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes razón en que Pablo debeu herdar algún segredo do Sr. Luis Amaro, non había mais que velo con que agarimo trataba o súas cousas nunha exposición que houbo no Castelo fai alguns anos. Tocar toca coma os anxos, deso pode dar fé ata o anterior Papa, que o oíu tocar coma solista da Real Banda de Ourense.

Anónimo dijo...

aledome que un rapaz desta vila tira pra diante , penso que no tancurso do tempo pode ser un vicente Risco, pero no eido musica. aledome de corazon,polo pobo por el e pola su familia.....

Anónimo dijo...

Evidentemente a este chico hay que darle la enhorabuena

Anónimo dijo...

Das biobrafia-gaiteira de Pablo teño novas dende hai tempo, e a súa mete´rica carreira impresiona.
A verdade é que hai xa bastante tempo que non o escoito tocar en vivo, e penso que el é un claro exemplo de non profeta na súa terra (esto dígoo como autocrítica).
Respeto ao premio, que xa ten levado uns cantos, creo que demostra que está entre os mellores gaiteiros, e estar a altura de xente como Pablo carpintero e cia é toda unha meta.
Agora creo que lle toca dar o gran paso e demostar que a parte de un dos mellores interpretes segundo os entendidos, teralle que tocar (nunca mellor dito) facela para o público en xeral. Seguro que o fará igual de ben.
Sorte ¡Gaiteiro!

Anónimo dijo...

penso que é un ha das personas na actualidade mais importantes, no eido da cultura , tiña que ter mais apoios pola xente deste pobo, pero penso que os artistas lle dan o seeu apoi cando morren.......

Anónimo dijo...

Home, non che sei, é normal que sendo da terra tiredes por el... pero dicir que Pablo é o mellor gaiteiro de Galicia é bastante ambizoso.
Sobre todo se se ten en conta que nunca gañou o premio co que se soe recoñecer este título: O Bellóm.

E como non teña un toque de humildade quédalle bastante para acadalo.

Anónimo dijo...

De tódolos xeitos, tamén hai que admitir que é moi bo instrumentista. Quizabes un dos mellores, o que pasa é que este título obvia moitos outros bos gaiteiros.