jueves, agosto 16, 2007
Siza, Serralves, Porto, a cidade do Douro.
Fai uns días voltamos de novo a Porto. Unha cidadade próxima a nós que se foi construindo nas ribeiras do rio Douro, nunha topografía moi complexa. Unha cidade dunha beleza que nos conmove pola intervención do home na paisaxe.
As súas pontes sobre o rio son moi fermosas. A ponte de Don Luis, cos tranvías cruzandoa, no plano alto, e os coches no plano baixo, lembranme ás imaxes da cidade na película de “Metrópolis”, tal como a imaxinou Fritz Lang. Das ribeiras do Douro, que gardan certa similitude coas da Ribeira Sacra, polos bancais, saían en barcos os pipotes co preciado viño de Porto que logo viaxaba a moitos lugares do mundo.
Nun gran parque, no centro desta cidade, atópase o Museo Serralves, obra do arquitecto portugués Álvaro Siza, un “nobel” da arquitectura, que ten algunhas obras en Galicia (Museo de Arte Contemporaneo e Facultade de Periodismo de Santiago). Un arquitecto que sinte un gran respeto polo lugar onde interven e unha forte conciencia social. Na foto, un detalle dun patio situado na entrada do museo que mostra a beleza e sensibilidade deste portugués universal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Bautista, o meu comentario non ten que ver con esta entrada. Espero que perdoes o exceso de confianza. necesitaba urxentemente unha foto da Ponte das Taboas para o blog do ponte louco e como eu non teño as miñas aquí e sabía que ti puxeras unha no teu blog copiena para o Ponte Louco. Alí aparecerá o pertinente agradecemento. Espero que disculpes a premura do asunto e que non cho dixera persoalmente, pero andamos moi liados. Gracias ( se hai algún problema só nolo rtes que dicir, faltaria mais)
Non te preocupes. Gracias por avisar. Non poño pegas a usar as miñas fotos, sempre que se faga referencia ao seu orixe. Que vaya ben o Pontelouco.
BS
Publicar un comentario