jueves, agosto 16, 2007
A tuna no Castro
O Pontelouco chega iste sábado. Para os que esqueceron que foron xóvenes…Tamén había festivales no Castro na súa mocedade. Poñíanse loucos hai 40 anos os mozos e mozas con “clavelitos de mi corazón”? Difícil de imaxinar…mais baixo esas capas e esa apariencia tan relambida, eses tunos podían ser mais canallas que Sabina. E si os pais non son capaces de imaxinar o que fan os seus fillos nos momentos de diversión, tamén aos fillos costanos imaxinar o que podían facer os nosos pais. Para poñerse loucos!
No tempo desta foto, cando o mundo estaba xa na idade do vinilo e por eiquí ainda estabamos no da pedra e había para todos comunión dominical, algún guateque habería no Castro, ao ritmo de Elvis ou dos Beatles. Entón por Galicia sonaban os Tamara, e tamén Miro Casabella e Andrés Dobarro, e Juan Pardo e Amancio Prada…
Foto de Xoán Bautista Sotelo Blanco.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Aproveitando este blog, quero dar a miña noraboa a Pablo Devigo, o mellor gaiteiro de Galicia asegún publican hoxe os xornais.
A verdade é que con rapaces así tan traballadores, constantes e cultos e con tanto talento, outro galo nos cantaría en todalas facetas da nosa vida.
A ver si outros Pablos do pobo ou as súas nais aprenden algo.
Saúdos dende a Mariña.
Non sabía. Ando buscando información para facer unha entrada. Por certo, é familia do Pepe Devigo, mecánico...?
Que tal se vive na Mariña?
Si seu pai ten un taller entrando no Castro, antes tívoo na Pena.
Na Mariña Lucense pra ser máis preciso, vívese ben, aínda que máis agobiado que no Castro.
Chulísima a foto. Está claro que non inventamos nada, os xenes pontelouquistas véñennos de atrás
Eu son unha gaiteira que sigo a traxectoria de Pablo Devigo mais ke nada pola prensa....e por suposto non teño o placer de conocelo en persoa...Sen embargo dame un pouco de reparo ke a páxina de Pontecesures de noticias sobre a súa gaiteira revelación, e ao mesmo tempo de P. Devigo, e sen embargo nos blogs e páxinas de Castro Caldelas e de Ourense non se faga nin unha mísera referencia, excepto nos comentarios.
PROMOCIONADE MAIS A VOSA TERRA!!!
Neste blog demos conta da nova, que podes ver no seguinte enlace:http://maisaladotransformador.blogspot.com/search?q=pablo+de+vigo
gracias polo teu comentario.
un saúdo
Publicar un comentario