A sala NASA de Santiago cumpre 15 anos e os seus promotores fan unha festa na que botan a casa pola fiestra. Vieiros faille unha entrevista a Miguel de Lira, un dos pilotos desta factoría: “…As administracións víannos como xente perigosa” e a ela me remito.
Fai un tempo, Carlos Blanco e Miguel de Lira, cando andaban facendo unha curtametraxe entre os piñeiros do parque de Collserola, invitámolos a comer a nosa casa e, a altura do segundo prato, caimos na conta de que Miguel fora compañeiro meu nos primeiros cursos de dereito en Santiago. Daquelo facía uns vinte anos, finais dos oitenta, cando a na facultade de dereito as clases eran de trescentos alumnos. Miguel tiña memoria de case todo… moito rimos lembrando as ocurrencias do “Margarito”, o disparatado profesor de historia do dereito. Parabéns para iste semilleiro que tan bós froitos leva dado e que a Nasa siga descubrindo moitos planetas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parabéns para esta xente. Mil primaveiras máis.
que tempos aqueles en santiago... Rio Bravo, Annus horribilis, cantas noites na Nasa, cantos concertos, cantas obras de teatro, canta morriña!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario