miércoles, noviembre 19, 2008

Nova longametraxe de Ramón Costrafreda



Logo de “ábrígate” xa temos unha nova película de Ramón Costrafreda, formalmente moi arriscada, chea de maxia e poesía. “Mà morta truca a la porta” foi rodada en Sant Cugat, perto de onde vive este galego de Mos. Sete contos, sete casillas ata chegar ao ceo. O xogo de rayuela serve de tableiro onde Ramón Costafreda, a partir dos contos de Sergi Pàmies, “Si menges una llimona sense fer ganyotes” e a adaptación de Miquel Obiols, texe sete historias de amor e sexo que avanzan polas casillas e acaban en morte. “Non sabes si chorar ou rir cando ves estas pequenas vidas cheas de grandes problemas”, dí Ramón Costafreda. A tráxica vida dun dibuxante que logra gran emoción cando come os ovos mentres chora pola súa filla. Unha colombiana chea de vida, que morre un ratiño e fala con San Pedro. Ernest, abogado, representado con precisión por Carlos Blanco, que descubre o consolador da súa muller. Un morto feliz o comprobar a felicidade dos seus cando morre. Unha historia de amor ata morte que se vai construindo mentres é narrada na librería Rayuela. Unha longametraxe moi recomendable chea de momentos sorprendentes que onte foi presentada nos cines de Sant Cugat.

No hay comentarios: