domingo, marzo 29, 2009

A lingua de amor dos galeguistas


XESUS ALONSO MONTERO

"...O problema do galego é distinto agora. Daquela era un idioma prohibido; agora é certo que se perden falantes, pero pasa algo que non pasaba antes: agora hai arquitectos, catedráticos ou directores de banco que falan galego. Nos anos sesenta en toda Galicia só se falaba galego nunha casa con status urbano e universitario, que era a casa de Antón Beiras e de Antía Cal; os demais falaban todos en castelán, comezando por Fernández del Riego, que facía o amor en castelán, e Otero Pedrayo toda a vida falou con súa nai en castelán, e Carvalho Calero faláballe en castelán á súa muller e aos seus fillos. Por que a lingua de amor dos galeguistas é o castelán? É que estaba Franco aí no medio?..." Estracto dunha entrevista a Alonso Montero en Vieiros.

2 comentarios:

Manolita Fdez Losada dijo...

Aproveito o fío para colocar este, máis que suxerente, enderezo o galego é útil .Todo compre.
Bautista, vexo que tes o blog moi actualizado. Unha aperta.

Bautista Sotelo dijo...

Grazas Manolita, estiven ollando a páxina e é unha boa iniciativa.