viernes, julio 31, 2009

A vila vai para adiante



Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.



Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.

5 comentarios:

Domingo dijo...

Cando cheguei, fai alguns días, non o podía crer. Unha parte do prado arrancada das garras dos coches e o Mingos e o Rubio felices. Non parecía posible. Ainda máis sen fronteiras nen liñas divisorias, usando o espacio de forma pacifica e civilizada. Non se pode pedir máis.

Anónimo dijo...

Un pouco peligrosa, para xente como O Leiro, que pasea moito.

dany dijo...

....pero si o problema NO son os coches sino que cada vez hay menos xente.........
Tamen podriamos pensar en facer ZONA AZUL o ZONA VERDE no ?

Anónimo dijo...

.....pero si o problema NO son os coches sino que cada vez ahi menos gente.......

Anónimo dijo...

Las fotos están muy bien pero la realidad es bien distinta. Los dos bares acapararon esa parte de la plaza y la gente que no desea tomar un café no tiene la oportunidad de disfrutar de ese espacio que se supone público.