miércoles, julio 29, 2009

Capa, o miliciano e Luis de Quintela, no Mnac



Xa hai algún tempo, unha entrada niste blog sobre a aparición da maleta mexicana de Robert Capa xerou certo debate sobre a autenticidade da foto “Muerte de un miliciano”, e sobre o seu significado. Dende o 7 de xullo, pódense ver no MNAC dúas exposicións de Robert Capa e a súa compañeira Gerda Taro, organizadas polo museo catalán conxuntamente co ICP de Nova York. A polémica volta a estar de actualidade nos medios. Un xornalista de “El Periódico”, Ernest Alós, basándose nunha publicación recente dun profesor da universidade do País Vasco que adicou un ano sabático a investigar e que coa axuda dos rapaces dun instituto conseguiu localizar a foto no concello de Espejo, desplazouse a Córdova. Logo de moito buscar e de falar cos mais vellos do lugar, atopou o lugar exacto onde se fixo a foto, púxoa en relación con outras que forman parte da exposición, que ata agora non se coñecían, e logo de investigar e demostrar que nese lugar non houbo enfrontamentos os días que o fotógrafo estivo alí, chegou a conclusión de que o xoven Capa -que tiña imaxes de refugiados saíndo do cercano pobo de Cerro Murriano, pero non fotos de combates- andaba á busqueda desa imaxen que lle faltaba para completar á súa reportaxe e, como non a tiña, montouna. A foto mitificouse e pronto foi o símbolo da guerra civil. Capa pasaría o resto dos seus días xogándose a vida, achegándose moito ao toro, para purga-la culpa da suposta montaxe. A foto que acompaña esta entrada foi tomada no acto de inauguración desta exposición nas salas do Mnac, e o persoaxe da foto e o caldelao Luis de Quintela, coa súa compañeira Roser, que andaba por alí a seguirlle os pasos á memoria da guerra civil.

No hay comentarios: