viernes, agosto 13, 2010

A árbore máis vella do mundo



Unha gran tormenta con aparato eléctrico acompañou a nosa viaxe. Moitas rúas estaban inundadas e a cidade por momentos parecía Venecia. Pola fiestra ían desfilando moreas de pequenos negocios, case todo o mundo vende ou troca algo nesta cidade de casas de pranta baixa, que se extende sen límites precisos, onde viven perto de un millón de persoas que sempre están a comer. O día estase complicando, Charo mirame para ver que digo. Antón, Mariña, Mateo e Lucas xogan sen importarlle moito a choiva.

Saímos de Oaxaca a visitar Santa María de Tule, onde se atopa o ser vivo máis lonxevo da terra, o árbol de Tule. Viaxamos como convidados no coche de Lara, promotora do sitio en internet “melodijolola”, unha web con miles de seguidoras, onde atopar consellos moi útiles para non aburrirse no D.F. Conduce con moita seguridade e gran decisión Leonor, a directora da Fundación Carolina en México. Lara, a súa filla, vai guiándonos co seu ifone. Como Chove demasiado, Leonor, acostumbrada a tomar decisións, improvisa unha visita a un telar situado en Teoticlán del Valle, xestionado por unha parella de Zapotecas moi amables e simpáticos que ainda conserva a súa língua. Usan o mesmo telar que veu da vella Europa fai cincocentos anos. Fabrican cores e reinterpretan as formas da súa tradición. Mostrannos como matizan as cores, e como obteñen o grana cochinilla. A choiva vai menguando, abandonamos Teoticlán e buscamos a estrada que vai a Tule.

A árbore ten uns dous mil anos e unhas dimensión colosais. Este testigo de dous mil anos viu pasar a seu carón a todas as civilizacións precolombinas, aos españois de Cortés e o que lle quedará por ver, pois conta con boa saude, según Leonor está moi coidado. Non podería ser de outra maneira, o seu valor e como o de unha catedral, comenta Charo, unha verdadeira obra de arte. Leonor levanta a mirada e ve un buho branco que nos olla con curiosidade dende o interior desta árbore que máis que unha árbore é unha fraga enteira. O buho, con seguridade, son os seus ollos e oidos e nesa intre estába tomando nota do balbordo que montán os nosos cativos mentres corretean arredor do círculo máxico que traza esta árbore, mollados pola auga que non cesa.

No hay comentarios: