sábado, abril 16, 2011

Os arrecendos de Marais


Os franceses inventaron a baguette, o croisant, o milfollas, o brioche, as lyonesas, as creps…. e moitas cousas máis, senón foron eles, como mínimo lograron apropiarse destes inventos ata facelos pasar por seus. En frente da nosa vivenda temos esta fantástica boulangerie onde se pode atopar calquera antoxo para o paladar. A primeria hora da mañá o seus arrecendos entran pola fiestra, pondo en peligro a nosa dieta.

Ponpidou

En patinete por París


Antón e Mariña decidiron pasear por Marais en patinete. Este barrio ten moitas rúas e prazas peatonais que permiten xogar aos nenos e poder circular entre os peatons sen peligro. A experiencia foi moi divertida. Da gusto velos tan contentos, explorando esta cidade.

Unha semán como franceses


Hai uns días a SER propagaba, que si a vida son dous días, en referencia a seu programa " A vivir que son dous días", o mellor é vivilos en Paris. Tomamos boa nota e esta Semán Santa facemos un novo intercambio, a nosa vivenda en Barcelona por unha vivenda no barrio de Marais, en Paris. Con máis tempo de vagar, volto a máis alá do transformador, novas emocións, descubrimentos, unha viaxe a unha das cidades máis interesante da vella Europa.

domingo, marzo 20, 2011

Airexa, Porta da corte do Enrique


Marzo do 2011, Porta de entrada a corte do Enrique

domingo, marzo 13, 2011

Un intercambio moi arriscado


Xa está nas rúas o novo número de Harper´s Bazar, a edición española da mítica revista americana. Por petición desta revista Charo fai un relato do intercambio da nosa casa de Barcelona por unha fermosa casa no Caribe. Unha experiencia inolvidable. Ademáis faille unha interesante entrevista ao editor Jorge Herralde, un dos editores de máis prestixio en castelán.

lunes, enero 24, 2011

Unha luz prende de novo nos Pilos


Fai uns días a dona dun restaurante, perto da Teixeira, amosaba a súa preocupación pola chegada dos chinos a Monforte… mercan todo, abren sen horarios...
Mentres expoñía a súa inquietude miraba para mín buscando algunha reacción, complicidade… “sabes que nunca se viu un enterro dun chino… tí, como o ves…?”. Calei durante un intre, pausa dramática que a miña mai manexaba coma as mellores actrices…
—“Entre nós hai moitos chinos. Chinos, sodes vós. Traballades sen horario, levades así unhas cuantas década. É certo, non tedes os ollos rasgados, e non emigrástedes expulsados pola presa das tres gargantas…”

Hoxe fun comer ao “Tropical”, en pleno corazón de Sant Cugat, uns “chinos” de Caldelas, con fama de traballar máis ca os chinos acaban de celebrar, nunha festa sorpresa da súa filla Conchita, os 40 anos da súa chegada a esta cidade. Fai catro décadas que Paquiño e a súa dona abriron este café-bar con aspecto de café clásico, na rúa de Lluis Companys. O Tropical é moi concurrido e conocido en Sant Cugat. Paquiño e o seu irmán Toño contan con varios bares nesta cidade, un leva por nome “Caldelao”. Mentres lle vou sacando as follas á alcachofa, con ganas de comerlle a parte máis tenra, e vexo o ritmo ao que se move Conchita lembro a miña infancia e xuventude nos tempos do Blanco. Tamén nós éramos chinos. Estes veciños de Sant Cugat, son veciños agora de Os Pilos, acaban de mercar a casa do seus tíos Eladio e Lurucha, e andan ilusionados coa recuperación desta vivenda que da vida ao fondo da vila.

domingo, enero 23, 2011

A emoción da ascensión

Un paseo pola lúa


A calidade das intervencións no espacio, na comarca da Garrotxa, en xeral, é moi boa. Un bo exemplo é a recuperación dun antiga canteira de grava, para os xardíns, hoxe recuperada e convertida nun parque de estética luar. É doado camiñar e ver os efectos da lava e das erupcións, aprender sobre os volcáns, tocar as pedras calcinadas, deixarse levar polas carreiriñas de esta fenda que no seu día lle meteron este volcán. En Olot ata se pode visitar un pequeno museo sobre os volcáns e participar nunha simulación dun terremoto.

sábado, enero 22, 2011

En globo, unha viaxe romántica polos volcans da Garrotxa



Con 12 grados, baixo cero, hai que estar tolo para ir a montar en globo ás oito da maña. A cousa estaba amañada fai varias semáns. O parte do tempo a decir que as temperaturas ían baixar moito cara o fin de semán, e nós a mirarnos, cas ganas que temos de subir… e agora qué… os do globo que non pasa nada, que arriba fai calor, que hoxe é un dos mellores días do ano…


Así foi como acabamos os catro subidos nun globo polos limites dos volcans de Olot, un exemplo de paisaxe volcánica, dos máis importantes de Europa. A visión lenta e cenital do volcán Croscat ou do de Santa Margarida é das paixases deste Parque Natural é excepcional e dunha fermosura que conmove. A 2000m. de altura flotar no aire e deixarse levar polas autopistas invisibeis das correntes de aire que se atopan en calquera lugar, e hai que ir tanteando ata dar con elas. Non sabes si percorrer un kilómetro che vai levar un día ou uns segundos, dí o noso piloto.

Hoxe está comarca, de extraordinaria fermosura, está ben comunicada e, pese a crisis, mostra unha vitalidade en todos os eidos. A amplia oferta de restaurantes deiquí agrupanse entorno a un invento que chamán a cociña volcánica e non paran de sorprender aos que se achegan ata esta comarca en busca de emocións.

Freamos o globo nas gaias dun carballo, logo acabamos arando unha finca de remolachas..., non hai problema, o globo está asegurado e corre cos gastos.

domingo, enero 16, 2011

sábado, enero 15, 2011

Crónica dunha viaxe rápida a Caldelas


Xa ninguén dubida de que O Castro e, en xeral o rural, vive unha crisis demasiado prolongada no tempo, que ven agravada pola crisis coyuntural actual, e mostra un panorama desalentador. Ou así é como o percibín, máis que nunca, nesta última visita, fai uns días, a miña vila, ao lugar onde nacín, e ao que nunca se debe voltar, como dí a canción de Sabina. Razóns prácticas obrigaronme a ir a este lado do transformador, onde sempre é arriscado voltar.

Xeografía humán derrotada, tendeiros, vinateiros, labregos… salvando algunhas excepcións. Os mais ocupados, os curas, tamén máis perezosos que nunca, non dan celebrado misas e enterrado xente. Dí o Mingos, que ata fan enterros pola noitiña, si, os días son curtos e non dan para nada, enterran aos falecidos pola noite, como verdadeiros proscritos. As funerarias e floristerías tamén viven o seu agosto particular nesta apocalípsis dun mundo a punto de naufragar. La Región e La Voz de Galicia, testemuñas futuras deste naufraxio do rural galego, van cargadas de esquelas. Imaxino a Outeiriño e a Santiago Rey dando saltos de ledicia.

Dixen xeografía humán… sí, a paixase e a intervención da man do home no espazo continúa a ter futuro, se non destrozamos a herdanza dos nosos devanceiros e a sorte de que o aillamento salvase a paisaxe da industrialización. O rural está de moda, a Ribeira Sacra estase convertindo nun gran atractivo para sair das cidades próximas, e as non tan próximas, Madrid cada vez está máis perto. Como un camiño de dobre dirección, un mundo naufraga e outro vaise consolidando ou saindo a flote, lástima que eses camiños non se atopen. Moitas casas abandoadas toman novo dono, o turismo de calidade, a través das súas diferentes manifestacións, vai saindo adiante.

Un exemplo de ese camiño que frorece, hai que decilo, pois correxir erros e esquecementos é de aplaudir, é a recuperación do espazo de O Prado, que está frente a Igrexa. Imaxino o leda que debe de estar a Martina, da ferretería. A fonte foi arranxada e iluminada, e coido que a obra ten calidade.

Nembargantes, si ollamos para atrás, hai moitas cousas que mudaron en positivo, ou así o quero ver eu.

jueves, diciembre 09, 2010

Andorra, un país nas montañas


A 2800m. de altitude, mentres recuperamos o alento cun té quentiño, penso no sorprendente que resulta este pequeño país, de 400km2 e 90.000 cidadans, ubicado nas altas montañas dos Pirineos e sobre o que España e Francia comparten unha especie de tutela. A ollada circular, desde este platiño voante, panorámica acristalada, que resalta as impresionantes cimas, moi fermosas, cas primeiras neves do ano. Este pais ten 65 cimas, de máis de 2500m. de altitude. A lingúa oficial é o catalán, con algunhas variables fonéticas.

Xa non é un páis onde mercar barato, eiquí merquei unha cámara analógica no 85. Hoxe, soio aforras o IVA e, ainda así as colas neste país, que se construie ao longo dunda estrada, conta con un comercio semellante ao de calquera capital europea.

Diana, de Verín, filla de emigrantes galegos en Suiza, traballa dende fai 10 anos no hotel Grau Roig, ao pe das pistas de Granvalira, e dí que agora a cousa non anda moi ben, hai 100 parados, no país…!, da a impresión que todo o mundo sabe a quen lle falta o traballo.

A Mariña e Antón encantalles baixar escurrindose polo Pic Blanc, unha das cimas máis altas. Logo de varias clases os cativos xa son capaces de baixar por pistas negras.
A sensación de libertade que produce deslizarse pola neve pronto engaiola aos meus cativos. Cando marchamos e lle damos as costas esta terra, Mariña dase a volta, mira, e dí, “Andorra, non te vou a esquecer…”

domingo, noviembre 21, 2010

Achegar a arquitectura aos nenos.


Hoxe Antón e Mariña poideron participar nunha actividade organizada na sala oval do MNAC, coa asociación Construíndo a Sala, un taller de arquitectura para nenos e nenas de idades comprendidas entre 7 e 12 anos que ten por obxectivo achegar a arquitectura aos nenos e nenas dunha maneira creativa e lúdica, dándolles as ferramentas para comportarse como futuros usuarios responsables da seu espazo. Uns 600 nenos e 200 arquitectos, diseñadores, artistas e educadores que de forma voluntaria traballan porque os nenos e nenas constrúan a maqueta dun edificio. A idea naceu en Holanda, leva catro anos organizándose en Barcelona e agora tamén se vai facer en Bos Aires.

domingo, octubre 24, 2010

Virxilio Vieitez, no Marco



As fotos de Virgilio Vieitez, o fotografo oficial da vida social da Terra de Montes, poderase ver no Marco —Museo de Arte Contemporaneo de Vigo—, ata abril do 2011. Unha boa oportunidade para coñecer a súa particular ollada sobre os sesenta, o impacto da modernidade e a emigración. Interesante artígo de Teresa Cuíñas en El País.

sábado, octubre 16, 2010

Carlos Núñez, alborada en Sant Cugat

Cando Gerard, un amigo irlandés que dirixe a programación do Auditori de Sant Cugat, faloume ilusionado, fai un ano, de que ían traer a Carlos Núñez a Sant Cugat, pensei que xa era hora de ver en directo ao "Jimmy Hendrix da gaita", ao noso músico máis universal e o seu xiro lusófono. Unha compañeira avogada pola mañá preguntábame, con sorna, si eu podería aguantar un concerto dese tipo calvo, con melena…, toda a noite facendo pi, pi, pi… Non o sei, xa cho direi o luns…



Onte a noite, Carlos Nuñez emocinou a rachar no Auditori de Sant Cugat a un público entregado, complice. A súa posta en escea é moi boa, a súa pata tola movéndose a un ritmo endiablado é contaxiosa. Coa súa gaita negra, o sonido parece confundirse nunha especie de roda tola, non se sabe onde está a gaita e onde están os pes. Él e os séus músicos tocaron os temas do último album “Alborada no Brasil”, un disco froito da busqueda do seu bisabó que se foi ao Brasil a principios do século XX e como tantos galegos nunca máis se soupo del, se morreu ou quixo desaparecer.

Desa viaxe ao Brasil, Carlos Núñez volta cas mans cheas, mestura ritmos, vidas, cheiros, sensacións, emocións e historias. O resultado e unha música de gran beleza, chea de vida e alegría. Como case sempre o noso gaiteiro asume riscos, non ten complexos, colle a tradición e reinterpretaa dende a modernidade.

viernes, octubre 15, 2010

A Sagrada Familia segue en pe


Dín os xornais que a tuneladora Barcino xa pasou a Sagrada Familia e ésta segue en pe. A obra de Gaudí, sen fundamentos e sen licencia poderá seguir sendo construida durante séculos, superando os riscos que o progreso e a demagoxía política comporta. A carón do meu despacho están a construir un burato como o que se ve na foto. O Ave na súa comunicación con Francia pasará por baixo dos nosos pes. Gusto moito do tren, e é a posibilidade de ter esta opción nas viaxes a Francia resultame moi atractiva.

lunes, octubre 04, 2010

Dende Roncesvalles a Puente la Reina



A finais de setembro chamei a Joaquín para proporlle facer o inicio do camiño de Santiago, tres ou catro etapas soio, unha toma de contacto, non costou convencelo, él viña de volta das vacacions en Asturias e pensaba tamén na idea de andar o camiño.

Fai uns días achegámonos ata Roncesvalles. Chegamos na hora crepuscular a esta mítica vila dos Pirineos, onde o cabaleiro Roldán, que formaba parte da retagarda de Carlomagno, perdeu a vida, nunha emboscada. De ahí ven o “Cantar de Roldán”, o cantar de gesta que narra istes feitos históricos deste heroe da época.



Dormimos debaixo de unha bobeda gótica, en liteiras, metidos en sacos, como na mili, di Joaquín, eu non a fixen. Todo por seis euros. As seis da maña, de noite, fomos expulsados a rúa…” veña, a facer camiño”. Chovía, facía frío e non se vía nada, así foi como empezamos o camiño.

Logo foi clareando, 30km de lameiros, vacas, fragas, subidas, baixadas, cabalos, pontes, rios, aldeas, pobos, máis fragas, a fermosa paisaxe de Navarra que vai mudando dende os 900m ata aos 500m.


Novo día, segunda etapa, Zubiri, Pamplona, camiñar durante horas a carón do río Arga, a frondosidade da paisaxe que nos leva ata a cidade dos San Fermíns. Pamplona atópase entregada ao mito de Hemingway. O café Iruña, o hotel La Perla, a rúa Estafeta, moitas pegadas nesta xeografía do xornalista e escritor norteamericano, fascinado polo mundo dos touros.

Última etapa, fin do noso camiño, ata agora, Pamplona, Puente la Reina, cambio de paisaxe, o verde forte vai mudando a marrón claro. As fragas son agora de moliños de vento. Duras subidas e molestas baixadas, agradables conversas e moita fraternidade a carón do camiño.

domingo, septiembre 26, 2010

O Priorat, a Ribeira Sacra catalana


Na provincia de Tarragona, perto de Reus e do mar, atópase a comarca do Priorat, terra de viño, aceite e auga, como reza a publiciadade desta zona de Cataluña que ten moitas similitudes coa Ribeira Sacra.

Encoros, socalcos, viño, románico e lendas. A denominación de orixen do “Priorat”, con duas subzoas —Montsant e Priorat — gañou nestes anos prestixio e sona.



Lexos quedan os tempos do viño do Priorat como sinónimo de viño de mesa, con escaso prestixio.

Os seus viños, representados por multitude de marcas, entre elas a do cantautor Lluis Llach, alcanzaron agora gran prestixio e atópanse entre os máis valorados do país.



No fermoso pobo de Siurana, unha atalaia aparentemente inexpugnable, visitamos os resto do castelo onde os mouros resistiron ata o últjmo momento. Conta a lenda que a raiña moura, antes de ser atrapada polos cristians, galopou a gran velocidade saltando ao vacio. O seu corpo nunca se atopou, máis na pedra quedan as marcas do seu cabalo, que intentou frear.

jueves, septiembre 16, 2010

O Caldelao C.F. mítico


Agora que O Caldelao C.F. renace con forza, impulsado polo Cuchú Baldonedo e o Carlos de Vilanova compre sacar esta foto de O Caldelao C.F. mítico, o Caldelao C.F. dos inicios. Son os felices oitenta. Alguén decidiu facer un campo de futbol no Texo, logo veu o noso equipo, moita forza e pouca técnica, pero algún partido gañamos, como non íamos a ter enerxía si entrenábamos a carón das torres de alta tensión. Canto pelo, que cores, que peiteados… é certo, houbo outro Caldelao da xeración dos sesenta, pero ises xogaban soio nos Remedios e algunha outra festa floral, de mítico nada.