sábado, septiembre 09, 2006

O Prado, blog da Asociación de Amigos de Caldelas

Xa naceu o blog da Asociación de Amigos de Caldelas. Os debates sobre as iniciativas desta asociación transladanse o novo blog. Do seu manifesto fundacional reproduzco un fragmento: "...Unha praza sen portas nin barreiras, unha praza para todos, para os que viven aquí e os que están lonxe pero síntense perto de Caldelas. Decidimos chamarlle "O Prado" como símbolo de lugar de encontro, libre, sen coaccións (xusto o que nos gustaría que fora tamén a Praza do Prado). Este blog é un espazo no que a xente pode opinar, aportar ideas e información e falar sobre os temas que preocupan os caldelaos. Interésanos todo o que pase en Caldelas ( as intervencios no patrimonio histórico, o tratamento e preservación dos seus espazos naturáis, os problemas medioambientáis, a vida cultural e social e a mellora das infraestructuras para todos os cidadans, tamén os neno, os mais xóvenes e os vellos). Interésanos tamén, moi especialmente, traballar pola dignificación e normalización da nosa lingua e cultura. Esperamos a participación de todos."

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Quixera denunciar o estado de abandono e de expoliación que se está a levar a cabo co Mosteiro de San Paio ante a pasividade das autoridades eclesiásticas, municipais, provinciais e mesmo autonómicas. E de vergoña.

Tamen quixera dar a coñecer a Danza das Cocas de Santa Tegra, a que sempre se esquece en todas as referencias culturais de Caldelas. Esta Danza é bailada por oito danzantes acompañados de dúas Cocas o son dunha peza musical propia "A Carballesa". Sobre a súa orixe como dice Oscar Gonzalez Murado no folleto das Festas da Luz do ano 2006, quedan aínda motos interrogantes: o significado das cocas, que non podemos separalas da danza; a celebración nas datas de agosto; a súa representanción como unha Asunción... ¿podemos falar dunha festa precristiana, indíxena que logo foi enriquecida de contido cristián?

Anónimo dijo...

sin camiño,sin luz pero con santa.

Oscar Gonzalez dijo...

Hola a todos: Son Oscar Gonzalez Murado, alguén que é de raíces caldelás e que lle apasiona a historia. Estou a traballar na historia en particular do Val de Abeleda. A danza das Cocas como di Ricardo Rodicio pode ser de orixe precristiana, pero atopei, lendo un artigo de Vicente Risco sobre o castro de Caldelas que en Caldelas existía - según él- a danza diante da Virxe dos Remedios. El polo que día xa non a acorda. Por outro lado, na zona de Quiroga, tamén existía unha danza parecida... Son datos para ir atando. Ata a proxima. Oscar

Bautista Sotelo dijo...

Hola Oscar, non che podo axudar sobre ise tema pero si que teño curiosidade polo resultado das túas investigacións sobre o val da Abeleda. Non deixes de informarnos.