domingo, septiembre 17, 2006

Os fachos, a noite do lume



Agora que se acaban as festas dos Remedios, lembrome da festa dos fachós, adicada ó San Sebastían. Celebrase en xaneiro, en pleno inverno, entre o calor da palla queimada, o viño de mencía e os chourizos. Unha festa maravillosa que me trae lembranzas da miña infancia. Logo de moitos anos sen poder ir, fun co meu fillo Antón, ilusionado ca posibilidade de poder mostrarlle parte da nosa cultura. O San Sebastián mantense, e parece que vai a máis, polo esforzo do concello, que é quen fai que haxa palla e xestiona con xenerosida a festa, podendo comer e beber, de valde, chourizos e viño.

Un gran fachón, collido por un grupo de Caldelaos, dende o adro da airexa, atravesa o Prado, sube por a rúa do Sol e baixa pola rúa Grande. Logo volta a travesar o Prado e remata no adro da airexa, onde se van depositando os fachós a modo de ofrenda a unha gran pira que se vai consumindo, xunto cos chourizos e o viño de mencía. No tempo que dura a procesión a vila está as escuras e un regueiro de pingadas de lume na oscuridade percorre o Castro e convirte esta festa nun momento máxico de gran emoción. No frio do inverno, as faces quedanse conxeladas ollando para ó lume, imaxinando a pronta chegada da primaveira. O día de San Sebastián tivo unha importante covertura mediatica e ata a vila acercouse moita xente da capital, de Vigo, Santiago e outros lugares que se fixeran eco da celebración dos anos anteriores. Iste ano o día 18 cae en xoves e, se todo vai ben ala estaremos.

Sen pau de palleiro / mais alá do transformador

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Curiosidades da vida. Ver o Conselleiro do Medio Ambiente plantando no lume. Onde están os asesores de imaxen.

Anónimo dijo...

So unha cousiña Bautista:
este ano é moito mellor!!!! é o 19 venres, alí estaremos, esperanzados con que o lume leve a desidia, a incultura, a fealdade, a ignorancia supina que impide o progreso da nosa vila, si, si, NOSA ainda que non fiquemos alí todo o ano, NOSA porque nos doe.

Bautista Sotelo dijo...

Alí estaremos para ver o milagre do lume. Gracias pola indicación da fecha. Non o sabía...!

Anónimo dijo...

non merece a pena facer ningun comentario,como se ve que estades fora todo o ano ,encantame a xente que so pensa no Castro para pasalo ben etc etc etc...e estes etcs son moi gordos,no Castro todo vale menos pisala raia,ah recordalle a xente que esa noite todo e gratis,pero todo....

Bautista Sotelo dijo...

Podes explicar cales son eses etcs...?

Anónimo dijo...

ó dos etc
non entendo o teu comentario, nin o dos "etc" nin o da "raia" nin o "a xente que solo pensa no castro pra pasalo ben"
¿como sabes tí, como e cando pensan outros no castro? ¿eres adiviño?
si te refires o autor do blog, paréceme que están claras as suas motivacións e non me parece que sexa criticable
por outra parte iso de que "non merece a pena facer comentarios" deixame despistado, ¿podes explicalo? ¿ou debemos adiviñar teu pensamento?
e iso de que "todo e gratis" que é ¿un eloxio ou unha crítica? por que a min paréceme que si a labor do organizador da festa é invitar a merenda á xente, non é a mellor maneira de xestionar os diñeiros públicos
non confundamos a cultura e manter vivas as tradicions culturais co folclorismo de festas gastronómicas "gratis total" que se asemellan o "panem et circensis" dos romans

Anónimo dijo...

Decir que non merece a pena facer un comentario para logo facelo é moi propio de tertulianos de bar endulzado.