domingo, septiembre 10, 2006

O ronsel de Allariz


Hai veces que é moi difícil atopar exemplos como o de Allariz que mostren con craridade que hai camiños por percorrer. Allariz representa o dexeso dunha vila de mudar o seu destino e ilusionar a sociedade civil na procura de novas alternativas. O seu nome está asociado a transformación do espacio incorporando principios modernos como a sostenibilidade na forma de facer política. A través da súa páxina, podese acceder a información do Concello, a súa normática urbanística, a impresos que facilitan as xestións ós cidadans, a explicacións sobre a súa historia, a novas sobre a súa actividade? Teremos algún día algo parecido en Caldelas??

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Imos por partes. Allariz está ben, pero non tanto. O río puxo o Deus, e gran parte da sua fermosura ven de tempos de Alfonso X o sabio. Creo que hai moito papanatismo entorno a Allariz. Hai mellores exemplos en Galicia que Allariz, o que pasa que no acabamos de superar a enfermedade acritica co BNG.

Anónimo dijo...

A falta de critica co BNG demostrouse no caso dos incendios forestais. E unha vergoña que nos voten a culpa a todos menos os dpus de Allariz: Quintana e Suárez Canal.

Bautista Sotelo dijo...

Gustaríanos coñecer ises exemplos mellores. É certo que non estou o día do que poida estar pasando noutras vilas. Dentro do contexto ourensan Allariz ten moitos acertos. No noso caso non é que sexamos acríticos co BNG, é que, en Castro Caldelas, si existe, non temos novas súas.

Anónimo dijo...

non estou de acordo ca primeira nota, o río estaba ahí,non sei si cuidado da misma maneira, e a parte da súa beleza que ven dos tempos de alfonso X tíñana todas as vilas da época, xa que procede d´unha forma de construcción concreta, o que marca a diferencia e a capacidade e a sensibilidade das xentes para conservar o seu, coidar un entorno privilexiado quere decir por exemplo non admitir actuacións que arruinen o pobo.
Non coñezo o "antes" de allariz, pero creo que todos coñecemos o "dispois" e non faltan recoñecementos dende todas partes
É posible qué o exemplo de allariz sexa nomeado tantas veces que empeza a cansar, pero penso que non hay moitos mais exemplos de actuacións tan intensas e tan ben conducidas (e non falo de políticos, senon de técnicos capaces)
O maior mérito diste caso e que convirtiron unha vila en decadencia en outra atractiva para a vida, dinamizando a súa propia economía que é o que fai revivir os pobos, ¿alguén sabe os datos de poboación activa antes e despois? ¿o movimento económico da vila? ¿a variación en cuanto a número de negocios? ¿a relación de calidade nos servicios do concello?
é posibel que os mozos e as mozas de allariz hoxe plantexen o seu futuro profesional e a súa vida de xeito diferente
E esto non o puxo o deus