martes, septiembre 19, 2006

Os restos do naufraxio


Unha mañá brilante. Pola sombra das árbores, vese que é media maña. Atraido polo gran burato que se produxo na desafortunada Praza da Devesa baixei polas escadas que durante moito tempo ían a ningures. Mirei as enxebres fontiñas e o trazado armónico deste xardín francés e logo deixeime levar polos camiños da memoria. De neno foron moitas as tardes que pasei xogando no lameiro do Condiño. O bó e xeneroso Xesús cuidaba as poucas vacas que lle quedaban, e uns cantos nenos acompañábamos o seu fillo Xoán Xesus e a súa filla Conchita, e deixábamonos levar por mil xogos e fantasías. Logo a decadencia do Condiño, que na súa peripecia vital ía papando todo o seu patrimonio, puxo en venda iste gran parque natural e un urbanismo apurado e irracional xerou o que sería a ampliación do Castro. Á gran beleza e equilibrio das lentas construccións dunha época veuse a añadir o urbanismo feito lonxe por arquitectos covizosos, amigos soio do cheque rápido. O resultado, salvo algunha excepción, é lamentable. Seguín baixando e atopeime con un resto do naufraxio. Na parte máis baixa da Devesa hai un pequeno bosque intacto. Modificado soio por uns pequenos camiños para salvar as pendentes. Ó fondo, unhas barbacoas. Por fín algo ben feito. Unha intervención respetuosa co espacio. Sen grandes modificacións. Unha posta en valor deste pequeno bosque. O meu agradecemento á man sensible que salvou iste espacio.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A responsabilidade é colectiva. É dos que governan. Tamén é nosa. Todos debemos sentirnos responsables e actuar, intervir, opinar, propoñer, participar. Cada vez que paso polo murallón intento mirar ó val, saltar coa vista esa ferida. Pero de nada vale laiarse. Vale buscar maneiras de participar.

Anónimo dijo...

Es lo que quedará como herencia de la época de Osorio. Aunque seguro que está muy orgulloso ya que vive allí en un chalé.

Anónimo dijo...

esto es un ejemplo de que sin complicarse mucho la existencia, con cariño y respeto por el entorno se pueden hacer cosas agradables, en contraposición con el bodrio que han perpetrado en la "plaza" cercana por querer meterse a diseñar un espacio público como si eso fuera tan sencillo
yo recuerdo que en mi infancia, cuando no había escaleras, allí abajo había una expléndida huerta que trabajaba la sra María de la peña, era un espectáculo bastante más apetecible que el actual

Anónimo dijo...

Eu penso que o buraco que hay xa existía, tendo todos unha fantasía, ¡ non comunicaría o buraco co pozo do castelo! ¡ Non sería por onde os moros sacaban os tesouros!. unha aperta de Laura e de Alejo

Bautista Sotelo dijo...

Según as lendas da vila o burato saía nalgún lugar do sobredo, perto do rio Edo, pero a vosa tesis tamén é posible e por iso, boten a terra que boten, sempre se lles vai. Hai que mirar si aparece nalgún lugar do castelo.