lunes, julio 30, 2007

Pepe Sotelo, criador de bois



Bermello, vasco, experto ollador de bois, levaba semans sen atopar unha boa xogada de bois. Tiña unha petición urxente para un caserío perto de Bilbao e xa levaba tempo sen atopar nada que valese a pena. En Monforte oira falar das terras altas de Caldelas, con carreiras empinadas, onde os bois da raza “vianesa” cargan moito e móvense por angostos camiños onde é dificil a entrada dos tractores e eles teñen que ter moita habilidade para moverse.

Pola mañá cedo atravesou a ponte do Sil. Parou alí o tempo de fumar un pito, para ver a fermosura dos bancais nos que se cultiva o viño de Amandi. A vila do Castro, a esas horas, debuxábase entre a néboa e era difícil saber onde empezaba e onde acababa o pobo. Entrou no Bar Grilo e preguntou polo paradeiro do Bilbiricho, criador de bois, de sona.



Xa na Airexa, na parroquía de Mazaira, Pepe Sotelo mostroulle a parella que levaba preparando facía catro anos. A maneira de acercarse de Bermello fixo que os bois, asustadizos normalmente, mostráronse tranquilos sen apenas moverse. Pepe montou a xugada, puxo a molida e o xugo, ata que os dous animais foron un soio, “teñen que quedar como se estiveran soldados”, dixo o Bilbiricho…, logo foron camiñando o paso que lles marcaba ca aguillada e en nengún momento estes bravos e valentes toros desobedeceron as ordes do Pepe. Bermello abriu ben os ollos, meteu a man no peto e sacou o seu móbil. En euskera falaba con alguén e, pola súa expresión, notábaselle que estaba ledo polo que acaba de ver. Pechou o móbil, foi onda o Pepe e con un forte apretón de mans cerrou o trato da compra dos bois do Bilbiricho.

En Euskadi, os deportes rurais teñen gran afición e teñen o seu orixen nos traballos do mundo rural, ligados ós caserios, ás labores agrícolas e ás explotacións forestais e que logo foron trasladados ó campo deportivo. Son xogos nos que prima o emprego da forza ou a resistencia física, combinada con certas habilidades e capacidades técnicas. As probas de bois (idi-proba o idi-dema) son un dos deportes máis arriscados. No pasado eran utilizados en moitas tareas do campo, no tiro dos carros e outras actividades como as canteiras e os asteleiros.

Hoxe a proba celebrase nun recinto chamado probadoiro (probaleku), o aire libre, na praza dos pobos ou xunto o frontón, ainque que tamén existen locais modernos (probalekuhomologado) preparados para esta actividade, na que se fan fortes desafíos. A parella de bois, atada por un xugo de madeira ten que arrastrar un bloque de pedra de 1500 a 4500 kilos, durante un tempo, gañando a parella que máis “clavos” ou “plazas” faga. Hay diferentes tipos de probas (de peso comparado e peso libre) según o peso dos animais e o peso das pedras. A veces o arrastre faise con un único boi. Durante a proba os bois son guiados polos arreadores (akullaris), chamado así pola vara ou akullu que empregan.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

E despois din que as corridas de touros son unha atrocidade. E esto que nome tén?

Anónimo dijo...

Pois amigo, isto é AFICIÓN, devoción e moita dedicación. Sin contar o esforzo e traballo que traen consigo, pois queda moi pouca xente que teña o valor de poñerse enfrente de duas parellas de bois como fai Sotelo.

Anónimo dijo...

O primeiro anónimo... o nome que tén é traballo e moita afición, como dí o segundo anónimo... paciencia para ir formando uns animais que non soio son uns ricos bistes que, seguramente tí te atopas no prato, senón tamén cultura e respeto polas tradicións, ainda que sexan de outro país e, se logo poden obter unha retribución económica adecuada, pois meior que meior.

Anónimo dijo...

seica non é dagora, os bois caldelaos tiñan ganada sona como compañeiros do ladrego,canteiro,bodegueiros...nas feiras dantano moitos marchaban máis alá das fronteiras de caldelas,galicia....aínda que fora pra deitarse por riba dunha grella...os llondires non dan bon paladar.

Anónimo dijo...

¡Vaya sorpresa que acabo de levar, Bautista! Ver as fotos que eu mesma lle quitei a meu pai un domingo dos tantos que ai que madrugar para conseguir despois de tempo e moito esforzo a estampa que fai anos se podía ver en case tódolos pobos labregos o día da vendima, da leña...
É admirable a ilusión que ten polos seus bois criados dende pequenos, destacar o "valor" porque esa é unha das suas cualidades, queda moi pouca xente que faga isto é ainda que o seu é aficción pura e dura por suposto que o fin último é unha boa retribución económica.

Anónimo dijo...

Os da foto son vianeses, pero o normal é que nas terras de caldelas foran de raza caldelá, animais que en tempos pola súa sona, víñanos buscar de castela. Por certo o Pepiño de Cima de Vila (Montederramo), lévaos mandando para aló xa dende hai tempo

Anónimo dijo...

O Bilbiricho é o depositario dunha longa tradición de cria de bois. Noraboa

Anónimo dijo...

Non é que criar bois para as xuntas sexa unha atrocidade. O que é unha atrocidade é empregalos para arrastrar penedos. Non poño en tela de xuizo ó Bilbiricho, senón ós bascos

Anónimo dijo...

eu tamen son unha das poucAS PERSOAS QUE ME ADICO a criar bois nestes momentos teño 15 na miña casa pra min e un dos animais mais nobles e dos que mais axudaron os nosos antepasados nos traballos diarios do rural.os meus antepasados todos se adicaron a cria e a venda destes nobres e valrentes animais e na miña comarca e nas do redor o veciño do rural que non tiña unha parella tiña duas e hoxe solo quedamos pouco mais de unha ducia de persoas que nos dedicamos a isto mais pola nostalxia dos nosos antepasados e de tempos pasados que do aporte economico que nos aporta esta actividad.non hay que esquecer os riesgos que conleva amansar e o manexo destes animais xa que son animais de razas con muito temperamento.con respecto a os vascos e a o trato que lle dan a estos animais solo me gustaria que visen os cuidados diarios que teñen por istes animais e a pasion e o cariño que lle teñen a os BOIS E TAMEN TEÑO QUE DECIR QUE ME GUSTARIA QUE NO NOSO PAIS ME GUSTARIA QUE CUIDASEMOS AS NOSAS TRADICIONS COMO ELES O FAN CAS SUAS.nora boa a pepe por o seu labor e animos pra seguir con isto pra diante

Anónimo dijo...

eu tamen son unha das poucAS PERSOAS QUE ME ADICO a criar bois nestes momentos teño 15 na miña casa pra min e un dos animais mais nobles e dos que mais axudaron os nosos antepasados nos traballos diarios do rural.os meus antepasados todos se adicaron a cria e a venda destes nobres e valrentes animais e na miña comarca e nas do redor o veciño do rural que non tiña unha parella tiña duas e hoxe solo quedamos pouco mais de unha ducia de persoas que nos dedicamos a isto mais pola nostalxia dos nosos antepasados e de tempos pasados que do aporte economico que nos aporta esta actividad.non hay que esquecer os riesgos que conleva amansar e o manexo destes animais xa que son animais de razas con muito temperamento.con respecto a os vascos e a o trato que lle dan a estos animais solo me gustaria que visen os cuidados diarios que teñen por istes animais e a pasion e o cariño que lle teñen a os BOIS E TAMEN TEÑO QUE DECIR QUE ME GUSTARIA QUE NO NOSO PAIS CUIDASEMOS AS NOSAS TRADICIONS COMO ELES O FAN CAS SUAS.nora boa a pepe por o seu labor e animos pra seguir con isto pra diante.un de QUIROGA-A RUA