martes, agosto 28, 2007

Enrique Nicanor, novo director do Festival internacional de cine Independente


Iste é o novo nome do Festival de cine de Ourense. Os novos aires no Concello de Ourense trouxeron como resultado o nomeamento como director deste caldelao de Sás de Penelas, pai de María Nicanor. No pais.com hai unha nova na que Enrique manifesta que "Un festival debe ser una herramienta a disposición de la cultura, no una fiesta” e que o audiovisual "es la auténtica industria estratégica porque es la imagen de un pueblo y la proyección de nuestra cultura.” Enrique é un gran profesional, con moita experiencia e premios no eido do audivisual. Os seus mensaxes e xestos tran alento e esperanza para a industria audiovisual galega. Benseguro que traballará para que o festival convértase na plataforma do audiovisual galego e, eso non é pouca cousa. Sinto non coñecer a obra de Enrique Nicanor. Sei que fixo varios documentais na zona de Caldelas: un sobre “Os trabazos” e outro sobre os limeses, os homes que ían a segar o pan a castela…espero que alguén nós poida achegar algunha información máis das súas obras.


Cambiando de rego; non dubido das boas intencións do novo tenente alcalde do BNG, Álex Sanchez Vidal, pero cando andaba na busca de información sobre Enrique Nicanor atopeime ca seguinte manifestación ao pais.com “apostaremos por la industria escapando del aldeanismo del pasado”…, Moi ben…por ahí vamos ben… ten algún problema Sanchez Vidal cos da aldea. Non sei de onde ven o Sr. tenientealcalde, pero que non esqueza que a maior parte dos cidadans que goberna veñen das aldeas ainda que o agachen…

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante nova, non sabía que en Sás tiñan persoaxes deste nivel.

Anónimo dijo...

Respeto ao documental sobre "os airiños", creo que te confundes con un que fixo sobre a banda de gaitas "os trabazos" (imaxino que é iso).
Sobre as declaración de Sanchez Vidal, creo que se les todo o artigo, e coñeces un pouco a hisotia do OFF, creeerás que os novos aires son moi necesarios, e que o titular non deixa de ser un claro exemplo dese periodismo cutre de "la Voz sección ourense" que só busca titulares. Porque a este festival faille falta máis cine, e menos pufos e alfombras vermellas.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Juan, é posible que o video fora sobre "os trabazos". Ainda que non dubido boas intencións de representante do Bloque, as manifestacións a "El Pais" son desafortunadas e mostran unha linguaxe pouca apropiada.