domingo, septiembre 14, 2008

Gervasio, Pilar e a roda de afiar


Igual que os americanos envian naves para investigar o espazo exterior, con vistas a futuras colonizacións, o Gervasio do Burgo, ca súa roda, saiu polo mundo a gañar cartos e buscar sitios onde establecer a súa familia. Logo de varias rodas gastadas, fixou o seu enderezo na antiga capital do reino, Valladolid. A carón do Pisuerga foi medrando a súa familia composta por Pilar de San Xulián, xa falecida, Pacita, Pili e Marisa. Na foto Jorge, a nova xeración, fillo de Pili. Como evolución lóxica do negocio de afiar, non deixaron as texoiras e empréganas cortando o pelo e peiteando a quen se lle poña por diante. A principios dos 70 emigraron a capital vallisoletana, ainda que non faltan nunca as festas dos Remedios e manteñen a súa casa en San Xulián.

Vivian no Castro, nunha casiña veciña da nosa e alí diante do Comercio Novo e na rúa dos pilos, entre xogos e descubrementos, fumos compartindo os primeiros anos da infancia. Pili lembrase de case todo. Como para moitos caldelás a vila soio foi unha parada no camiño da aldea a cidade. Seguro que mentres pon fermosas a súas clientas da cidade na sua perruquería fálalles da vila onde viviu as primeiras emocións, dos xogos no comercio novo, antes de ser aparcadoiro ou dos xogos nos Pilos. Gracias a bonanza da roda na súa casa vimos por primera vez a televisión, cas súas cadeas en branco e negro. Alí descubrimos os “irmans malasombra” ou as aventuras de “Furia”, o cadelo “Rin Tin Tin” e moitas máis cousas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sei se hai alguén que estudiara o tema da repercusión económica dos afiladores na nosa bisbarra.

Anónimo dijo...

Lémbrome daquela casiña e tamén dunha señora que vivía alí ,antes dos que ti coñeciches, que lle chamaban "a Madrileña". Veume agora á memoria que un día de tormenta moi forte encheuse o solar que estaba por riba da súa casa de auga.A pobre muller berraba, desesperada, pedindo auxilio porque afogaba.
Aqueles maravillosos anos!!