viernes, julio 30, 2010

Un tabeirón no embarcadeiro


No Caribe, nunha illa e con moito tempo de lecer, que se pode facer…? pescar, pois foi o que fixemos, nunca pescáramos, non temos nen idea. Xa mercáramos o fío e uns anzuelos en Great Harbour, preguntamos a algún veciños como se facía. Saga conseguiunos uns calamarcitos e marchamos a noso embarcadeiro a tirar o fío pola noite. Ao pouco rato picou un peixe e vaia peixe, era un tabeirón de un metro e medio, polo menos. O fio correu a gran velocidade pola miña man dereita e antes de soltalo deixoume un pequeño tatuaxe. A visión do escualo asegurovos que causa un subidón da adrenalina, pensando ademáis que pola maña estivéramos bañándonos ahí. Logo voltou parece que cabreado e estivo dando voltas arredor do embarcadeiro ata que chegou un veciño co seu barco. Parece ser que por alí andan uns peixes pequeniños atraidos pola luz da farola que lle gustán moito aos tabeiros, que veñen dende mar aberto ata aquí pola noite.

miércoles, julio 28, 2010

Excursión a Great Harbour


Onte Saga, que se encarga do xardín dunha veciña nosa Sudafricana ofreceuse a levarnos no seu coche destartalado ata Great Harbour. un pobo a duas millas, onde se atopa o famoso Foxis. Saga é de Sait Kitts, unha illa que se independizou dos Británicos, dí él, con orgullo. O coche de Saga que circula pola esquerda, non esquecer que é territorio inglés e soio se fala inglés, foi por unha estrada atravesando precipicios e salvando as pedras que invaden a vía. A viaxe case a mediodía, pola esquerda, sorteando pedras, nun coche destartalado foi bastante inquietante e emocionante.

Great Harbour é unha aldea do Caribe situada nunha pequena ria con unha liña de casiñas que dan a praia. A maioria son bares como o Fosys con bandeiras piratas, e calabeiras, facendo gala do ambiente cañalla que alí atraca, esforzados navegantes cos seus yates acercanse a tomar un trago. Na mesma liña está o cementerio con imponentes tumbas e a policía. Nunha gasolineira metras a dependenta lle cortaban o pelo vendeunos fio e anzuelos para a pesca. Poidemos mercar pan nun pequeño supermercado con catro productos. Comimos no Foxis rodeados dos estandartes que colgan do seu teito, centos e centros de camisetas, tarxetas, bandeiras, bragas, calzoncillos, xuxetadores, que os navegantes que por alí pasarón firmán e adicán ao Foxis. Foto de Charo no Foxys.

A nosa praia en Jost Van Dyke


Nas illas Virxines Britanicas non hai moitas praias pero as que hai acomodanse ao tópico, palmeiras con cocos, area fina, augas turquesa e esmeraldas, corais e milleiros de pececiños de cores, así é o paraíso. Esta é a nosa praia. Bueno hai máis que pececiños, xa contarei máis adiante.

lunes, julio 26, 2010

Obxetivo: illa de Sandy Spit


O día naceu con un sol radiante que convertiu o mar da nosa bahía nun espello de prata onde a illa de Sandy Spit se reflexaba i era a atracción de todos os barcos. Mariña espertou insistindo no obxetivo pendente. Decidimos esperar ata despois de comer cando a forza do sol baixa, e así poder facer a travesía que durou máis de unha hora para ir nas canoas, con vento en contra, e vinte minutos para voltar, co vento a favor. A illa é unha lengua de area, rematada nunha plataforma coralina con unha pequena zona de arbustos e palmeras no centro. Temos que recoñecer que a ida foi dura, pensamos que non chegábamos. Para a nosa sorpresa, a medio kilómetro da illa, había un gran barco chamado “Catalonia Spirit”, por momentos pensamos que era un espellismo e que fantasma do olímpico José Antonio Samaranch saíria a animarnos.

domingo, julio 25, 2010

Tempo das chuvias


En calquera momento cambia o tempo, aparecen as nubes e logo as chuvias tropicais. A maioría das veces nin nos tapamos pois fai calor e é como unha ducha bastante agradable. Cando xa estaban as canoas preparadas, Errol, un veciño que vive a carón do embarcadeiro e que nos regalou unha papalla boísima do seu horto, aconsellounos non sair tal como estaban as ondiñas naquel momento. Houbo unha rebelión e a expedición a illa de Sandy Spit foi abortada. Nin Hernán Cortés podería convencelos. A canoa na que íamos Antón e eu deu a volta pero enseguida continuamos o rumbo. Pasamos o día nunha praia de area branca que hai perto de nós. Unha praia con grandes palmeras cargadas de cocos e a que van chegando os corais que se desprenden polo bater da agua. Fixemos unha pequena cabana para protexernos do sol e nadamos moito nestas augas quentes de color esmeralda.

Fai uns días que Antón comenzou un diario no que vai dibuxando as cousas que lle gustán e escribindo a cerca da viaxe. Hai que decir que é a primeira vez que probamos a intercambiar a nosa casa de Barcelona por esta casa no Caribe é de momento a experiencia é moi recomendable. Estamos moi ledos e a viaxe está sendo moi agradable.

sábado, julio 24, 2010

A taberna da Illa do Tesouro



Nunha pequena ensenada protexida por varias montañiñas hai un apeadeiro onde os barcos que navegan polo Caribe aproveitan para botar un trago, comer algo en terra, relacionarse con outros navegantes ou simplemente pasala noite guarecidos das tormentas.

Onte nós tamén nos achegamos a taberna Foxys Taboo, non é a famosa Foxys, na que moitas celebridades veñen no nadal a recibir o ano novo, pero é un interesante lugar onde os piratas modernos se achegan na súa travesía polas Illas Vírxines Británicas. Alí fumos nas nosas canoas logo de moito remar. A Mariña e o Antón, seguros cos seus salvavidas, animaban o noso remar ata convertilo nunha competición.

Hoxe se o tempo se mantén iremos nas nosas canoas ata a illa de Sandy Spit, unha pequena illa de 100m2 de area e palmeiras, no medio do mar, unha plataforma de area para bañarse. A travesía dura perto de media hora pero todos dín que merece moito a pena. A illa da foto que publiquei onte. Alí pasaremos o día. Maña contarei como nos foi. Adianto que non vai quedar unha soia illa sen conquistar.

viernes, julio 23, 2010

No paraíso hai moitos animaliños



Escribo dende a illa de Jost Van Dyke, no Caribe. As cinco da maña xa era de día, un día fermoso, logo dunha tormenta, pola noite, que parecía inundalo todo. Mosquitos, moitos mosquitos, despois da tormenta. A Diego Colón, fillo do descubridor, cando estudiaba en Valladolid decíanlle que o seu pai descubrira un continente de mosquitos.

Xa estamos de vacacións e con tempo dabondo. E hora de voltar a abrir a fiestra de máis alá do transformador. Unha gran viaxe a America (Nueva York, Caribe e México) cos meus, unha boa oportunidade para reconciliarse ca forza da vida, ca diversidade, ca natureza, ca historia, ca beleza.

miércoles, mayo 19, 2010

Café con leite e roscón


Mentres escoito “Estou vivindo no ceo” e apuro os últimos sorvos do café con leite, a voz de Uxía pon a banda sonora do meu estado melancólico. O sol rasante entra pola fiestra amolando. Un impulso lévame a chamar a miña mai, como sempre facía cando a casa queda en silencio. Lembro unha imaxe que a miña mai me contou de cando era nena, na Airexa, na casa dos da Abadía. Entrou no seu salón e viu a dona da casa sentada nunha mesa iluminada pola luz da maña que lle entraba pola fiestra, tomando café con leite e roscón. Unha imaxe dun momento intimo que sempre lle gustaba lembrar a Pepa.

domingo, mayo 02, 2010

Manuel Outomuro, fotógrafo.


Por toda Barcelona hai banderolas colgadas nas farolas con fotos de Manuel Outomuro. Manuel leva o nome do seu pobo por diante. Unha exposición monográfica no museo textil de Barcelona, un fermoso pazo gótico, frente ao Museo Picasso mostra “Outomuro Looks, vinte anos fotografiando moda”, fotos espectaculares de modelos e vestidos das marcas máis nomeadas. Fotos de moitas celebridades locais e internacionais, a traxectoria dun dos fotógrafos máis solicitados polo mundo da moda.

Un fotografo que sen borrar o seu ronsel soupo atopar un importante lugar neste complexo mundo do fashión e o glamour. Os seus comentarios, sobre a identidade no documental “Quen Somos” de Eloy Lozano, cando lembraba os momentos que pasou de cativo no seu pobo, cando levaba as vacas ao seu lameiro en Paradela e pasaba o tempo moldeando figuras co barro das caldeiras, son moi fermosos.

A foto en B/N é unha recreación dos xestos e o estilo das actices clásicas de Hollywood —seguramente Greta Garvo— con roupa de pel da diseñadora caldelá Estrella G., filla do Luis de Quintela.

sábado, mayo 01, 2010

As catro T de Valentín Fuster


Na revista vogue-Paris Charo Canal entrevista a Valentín Fuster, que dirixe o departamento de cardioloxía do hospital Mount Sinaí, e ao cociñeiro Ferran Adriá, ambolos dous colaboran coa Fundación Alicia, adicada a alimentación e a ciencia.
Entre as cousas que dín, Valentín Fuster sinala que nos falta tempo para pensar.

“Eu ensínolle aos estudantes o lema das “catro T”, dice Fuster. " A primeira t é a de buscar tempo para reflexionar, e Ferran está niso. A segunda é a t de “talento”. Sempre lle digo á xente nova que o mellor investimento que podes facer na túa vida é no teu propio talento, o problema é descubrir cal é. E no caso de Ferran non hai dúbida de que el o descubriu. A terceira é a de “transmitir positividad”, a capacidade que cada un ten de contribuír á sociedade. E a última é ser o “tutor” doutras persoas. Esas son as que eu chamo “catro t” da estabilidade mental", explica.

Tamén dí o prestixioso cardiólogo que “a túa saúde depende da túa decisión persoal, non depende de mil historias que che conten, ou do último descubrimento que che vai a matar. Xa sabemos que che vai a matar, e ti podes evitalo”. Unha boa alimentación e exercicio físico.

Para ter unha relación máis sa ca comida é preciso, di Ferran Adriá, “educación, educación, educación… non é ningún segredo. E un pouco de disciplina, pero non fai falta un gran esforzo. Perfectamente pódese facer unha vida normal e gozar da comida. O interesante é que o discurso de Valentín non é radical", engade Adriá. "Por exemplo, creo que el e mais eu non falamos nunca dos alimentos ecolóxicos porque hai vinte problemas antes de chegar a ese tema. Que ten que ver a importancia de deixar de fumar ou de facer exercicio con se a leituga é orgánica ou non? Confundímonos. Se pensas que porque comes orgánico xa levas unha vida sa estás equivocado.”

O grifo que hai que pechar


A explosión de unha plataforma petrolífera frente as costas de Luisiana (EEUU) está escupindo ao mar 5000 barriles diarios de petroleo. O desastre ecolóxico ten dimensións desconocidas. Iste é o grifo que hai que pechar.

miércoles, abril 28, 2010

Pepe Roupeiro e Flavio Morganti


Hoxe "Alicia" deixounos un agasallo, unha entrevista a Pepe Roupeiro e Flavio Morganti a modo de diálogo entre a cocina tradicional e a de vangarda.

"Hai tamén unha revista catalana que se chama Chefsbook que acaba de sacar o seu nº 49. Nel sae unha reportaxe titulada "Flavio Morganti e Pepe Roupeiro. Corazón Gallego". Trata da convivencia da cociña tradicional e a de vangarda. Gostóume moito e, ademáis de ser dous estupendos profesionais, Pepe de Roupeiro os do Castro tócanos de cerca por consorte. É un orgullo que estea tan ben considerado no mundo da gastronomía tamén fóra de aquí".

viernes, abril 23, 2010

Os pais da criatura

"El pueblo no puede votar nada que no sea constitucional", dice Fraga
Contesta Roca. "La democracia no se construye con leyes y sentencias, sino con voluntades".

jueves, abril 22, 2010

Primavera

miércoles, abril 21, 2010

Antón entre cincocentos



Ver hoxe cantar aos cincocentos nenos das escolas municipais de Sant Cugat, todos de oito anos, con Antón entre eles, emocionounos, como soio se emocionan os pais. A gravación do meu iPfone non é gran cousa pero da idea da envergadura desta montaxe municipal. A cantata levaba por nome “La ciutat i la lluna”, a cidade e a lúa.

Unha caldelá no Vogue-Paris


Dentro duns días estará na rúa a nova edición de Vogue-Paris adicada a Penélope. Que ningúen se perda a estupenda entrevista da caldelá Charo Canal ao cociñeiro Ferrán Adría e ao cardiólogo Valentín Fuster. Estos dous persoaxes traballan xuntos na Fundación Alicia buscando as claves para vivir mellor e máis anos.

lunes, abril 19, 2010

Manoliño da camioneta e Eduardo Barreiros


A mediados dos 70 hai que recoñecer que O Manoliño da camioneta, así o identificaban no Castro, ou Manoliño “o que casou ca filla da Maria Varela, a dos foguetes, era un home triunfador ou esa era a imaxe que proxectaba cando viña polo Castro. Coches e motos impresionantes, boa roupa e símbolos que mostraban o seu poderío. Lembro que viña moito pola festa dos Remedios. Alugaban gran parte do noso pequeño hotel e todo corría pola súa conta. Unha pequena corte de familiares e amigos compartían mesa con iste empresario instalado en Madrid no tempo en que Barreiros se trasladou alí. Non eran habituais por alí persoaxes como o Manoliño e hai que recoñecer que se facían notar.

Fai uns días a “2” de Tv botaba un documental de “Barreiros, motor humano”, producido pola productora de “la región” no 2007, sobre a vida e proezas de Eduardo Barreiros, o mecánico de Gundías —Nogueira de Ramuín— que dende moi pequeño mostrou unha gran habilidade cos motores, logrou transformar o motor de gasolina a diesel, patentou o motor diesel para a Península e en poucos anos montou unha gran industria automovilística, ata ser devorado pola multinacional automovilística Chysler.
O documental mostra a súa loita para poder producir frente ao proteccionismo do INI que apostaba soio por Pegaso. Moitas das pezas dos Barreiros viñan de de Portugal de contrabando e ahí e onde entra o caldelao Manoliño, peza fundamental desta aventura, que foi un dos colaboradores que sempre estaba disposto a arriscarse cos seus camións cruzando a Portugal. Coido que chegaron a ser moi amigos e o éxito de Manoliño sempre tivo que ver moito co de Barreiros.

domingo, abril 04, 2010

O fin do mundo


Fai tempo que quería ver a nova película de Rolano Emmerich “2012”, o mesmo director que “El día de mañana”, aquela película na que se “deshelaban” os polos, aumentaba o nivel da auga e a temperatura no mundo, con aquelas increibles imaxes da inundación de Nova York. “2012” xoga con moitas das ideas apocalípticas que circulan por ahí, sobre todo co calendario maya que pronostica o fin do mundo para o 21 de decembro do 2012. Para os que lles gusta o xénero apocalíptico, non ten a calidade de “The Road”, que coido que ainda anda en cartelera e tamén xoga ca mesma idea, pero os efectos e as imaxes creadas en “2012” para representar as catástrofes que lle veñen encima a Terra; o movemento das capas, os volcans, os sunamis, a construcción dunhas enormes arcas e o fin do mundo están moi logradas e consiguen emocionar ante a abrallante posibilidade de ver o fin do noso planeta, tal como o coñecemos. Esperemos que as prediccións sexan erroneas e fracasen como fracasaron no ano 1000, e outras fechas, e non teñamos máis crisis que as económicas.

Necrópolis en Barcino


Os romans tiñan por costumbre enterrar aos seus a carón das vías de acceso as cidades e vilas. Esta foto mostra un pequeño camposanto que se atopa no barrio de “Ciutat Vella” de Barcelona. Os restos da antiga cidade roman atopanse unha pranta por baixo da cota da actual cidade. A gran cantidade de sedimentos que os rios Llobregat e Besos foron tragendo ao longo de dous mil anos elevou o nivel da cidade. Esta necrópolis atopase na na praza da “Vila de Madrid” e é un lugar interesante para visitar.

sábado, abril 03, 2010

O Leite que cambia a tendencia do botellón.


Fai uns días atopamonos con unha máquina expendedora de leite nunha rúa céntrica de Puigcerda. Vinte céntimos o embase, 50 céntimos medio litro, e un euro un litro. Había cola para mercar leite fresca. A esas horas, ao final do día, polas rúas céntricas desta vila dos Pirineos, a xente empinaba a botella para beber leite fresca recien ordeñada. A imaxe do botellón, típica de moitas vilas e cidades a estas horas, virou eiquí pola da botella transparente clásica. Como dí o dito, “…en botella e branca: leite.”. Novas formas imaxinativas de chegar ao público, a máis de ser moi divertida e nutritiva.