domingo, julio 09, 2006

Chuvia de cadelas e reais


Asi éramos nos comenzos dos sesenta do século pasado. Un bautizo a principios de marzo, nun frío día de inverno, logo de abundantes choivas. A foto é de Xoan Bautista Sotelo Blanco, o fotógrafo da vila durante duas décadas. Os árbores están pelados. Logo do bautizo na airexa dos remedios os nenos esperan os padriños para que mostren a súa xenerosidade pola ledicia deste novo nacemento. O padriño intenta escapar, escudriña o peto e as cadelas non abundan. Non era facil ser xeneroso nesa época. Na súa fuxida vese reflexado nunha pequena liña de auga que cubre o chan. Lembrase a él mesmo de cativo, a ilusión que lle facían unhas moedas ou uns caramelos. Mete a man na súa chaqueta e saca unha presa de caramelos, cadelas e reais. Colle forza e lanzaos ben alto. Case unha ducía de cativos ben abrigados, e con paraugas, movense en toda-las direccións para atrapar algunha moeda ou algunha lambetada. A escasez de case todo converte istes momentos en máxicos. A escea desenrrolase no espacio pelado, na curva que vai a Trascastro, dividido en dous por unha liña de pedras que leva ó adro da airexa. Iste espazo ainda non fora pechado pola airexa con cancelas. O fondo, vese o muro que protexía a estrada polo lado do valado, ainda que iste non evitou que máis dun coche fora parar á horta do Martín. Hoxe é tan difícil que alguén escolla ista estrada para ir a Ponferrada que incluso o letreiro desapareceu. Agora os mociños e mociñas da foto rondarán os cincuenta e xa pouco lembrarán desta época na que un nacemento era unha festa.

Non creo que o meu pai fora moi consciente do neorrealismo, a nova maneira de mirar que tanto influiu na fotografía e no cine, pero si que tiña certa intuición na forma de compor e elexir os temas que o acercaban a iste movemento. Xoan Bautista, dende moi novo, quixo ser fotógrafo. Arriscou durante meses a súa saúde traballando nunha mina de mercurio en Asturias ata gañar os cartos suficiente para mercar a súa primeira cámara. Estou preparando unha páxina adicada o meu pai e dende eiqui solicito, a todos os que poidan ter algunha foto del, coñecido por FOTO BLANCO, a súa colaboración nesta pesquisa, ca idea de reconstruir o seu arquivo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Teño fotos da miña adolescencia de FOTO BLANCO dos anos 50.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Antonia pola túa axuda. Iste verán recuperei perto de 1300 fotos. O que fago e copialas dixitalmente en alta resolución e identificar a familia que conta co orixinal. Non sei onde te atopas para poder velas. A idea é facer un libro e unha páxina web cunha selección das mellores. O meu correo é bssotelo@telefonica.com. Si che parece comunicamonos para ver cando podemos ver esas fotos. Moitas gracias.