martes, julio 25, 2006

O manantial curativo de Piñeira


Moi perto da vila, atopase un manantial de moito valor para os Caldelaos. É unha fonte humilde e con problemas de accesibilidade pero de gran fermosura conceptual. Atopase no medio duns lameiros, en pendente, e debaixo dun carballo, a carón dun regato que recolle as augas desta fonte. O olor desta auga parecese ó dos ovos chocos. A riqueza deste manantial mineiromedicinal ten aliviado doenzas ó longo da historia. Sempre veu xente a toma-las augas polas súas propiedades curativas. Neste lugar de certa maxia e misterio algúns toman auga durante nove días e dín que si se segue ben o ritual non haberá logo nin resto de catarro durante o inverno. Según dín, tamén, cura enfermedades da pel e fai cicatrizar as feridas.

1 comentario:

Bautista Sotelo dijo...

Onte o Antón tiña unha ferida no seu pé esquerdo e ca auga de piñeira paraece que mellora moi rápido. Van ser certas as súas propiedades curativas.