domingo, febrero 10, 2008

Interiores da fabrica de xornalistas



Xa van trece promocións de xornalistas formados en Galicia. Atopei iste video no blogomillo feito pola promoción de xornalistas do 2003-2007. Un percorrido polos interiores da fermosa facultade, deseñada por Alvaro Siza, en Santiago de Compostela. A través de un movemento de cámara, como se fora un plano secuencia, vamos vendo aos mestres da comunicación que alí imparten a súas leccións: Outeiriño, Pereiro, Freixanes, outros que non coñezo, Margarita Ledo e Álvarez Pousa na cima de todo e, o final, Celeiro despedindo esta promoción de xornalistas, baixo a pérgola que sobresae do edificio de Siza, como un gran brazo, e que os agarimou ata agora.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ante a miña primeira incursión no teu blog, ante todo Noraboa.
A modo de completar a túa información e polos que non coñeces,a lista completa é a seguinte:
1- Esther. fotocopista e verdadeira alma da facultade.
2-Suso camareiro
3-Manuel Fidalgo(técnico).
4- Xavi Vaz( ex-corresponsal de guerra da TVG) e Ana Isabel Rodriguez. (ex TVG)
5-Martínez Hermida Marcelo.(tv)
6-Xosé Xoengas e Xosé Ramón Pousa.( radio)
7-Manuel Gago.
8-Alejandro Vázquez.(saíndo de clase) Director Xeral de "La Nuestra Comunicación Publicitaria", empresa responsable da nova imaxe corporativa da CRTVG.
9-Neira Cruz.(na biblioteca) escritor de literatura infantil e xuvenil
10-Xosé López. ex-decano e vicepresidente da Comisión executiva do Consello da Cultura Galega.
11-Victor Freixanes.
12-Miguel Túñez. Decano(o da dereita sentado) e Enrique Castelló.
13-Carlos Carballo. Director de Radio voz e ex-xefe de programas da TVG
14- Margarita Ledo e Luís Álvarez Pousa
15-Celeiro.

Anónimo dijo...

Joer Milucho, nótase que vas a clase e estás a punto de rematar. Eu na miña facultade non houbera podida facer o mesmo ca ti. Supoño que ti sairás no próximo vídeo, avisa cando sexa o acto de licenciatura e imos tomar algo (invitarás ti, claro). Un bico