lunes, febrero 11, 2008

Lembranza no día dos defuntos


Fai uns días recibín  de alguén, que se dí chamar Margarita, esta foto que mostra unha placa colocada na entrada do camposanto. Oira falar dela e non teño unha idea moi clara sobre a súa oportunidade...!  Margarita pediume que non censurase a súa foto e eiquí está. Coido que os moradores do camposanto é mellor deixalos tranquilos.  Abondo hai onde por a enerxía, por exemplo, na necesaria señalización das rúas e do patrimonio.

47 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas Bautista, por dar cumprimento a miña solicitude.

Anónimo dijo...

A placa, entendo, que é un recordo para todos aqueles que falando a súa lingua en tempos difíciles(nos que era algo "prohibido" por aquel "señor" del Ferrol) seguiron loitando e falando o galego para que a nosa lingua e nosa cultura chegara a nós. Agradezo a todos os meus antepasados que non deixaran morrer algo que hoxe teño como meu, e ogallá alguén tivera algo que agradecerme a mín cando xa non estea. Non se trata de nada censurable, penso eu, xa que é un agradecemento, e eles todos(sin excepción)que fan de nos o que somos hoxe. Buscar dobres sentidos neste caso paréceme, Bautista, un acto un pouco vil.
Esto non o quita da señalización (que non hai que mesturar churras con merinas), pero cada cousa é para o que é e hai certas cousas que non me parecen politizables en ningún dos casos.
Eu por a miña parte non podo estar máis orgullosa da xente que teño alí e dou as grazas a todos eles xa que en min segue vivo o seu espirito e ogallá todos os que estamos ahora chegaramos a ser algún día tan valentes coma o foron eles.
Saúdos.

Anónimo dijo...

O tempo vai mudando, os trens van pasando e a normalización da língua e a cultura galega non chega a vila de Castro Caldelas, da man dun goberno "progresista" que xa fai tempo que non ten excusa. Ise é o verdadeiro homeaxe aos vivos e os mortos. Deixadevós de lerias.

Anónimo dijo...

E ti tampouco estás moi normalizado, deixádevos non leva o tilde onde tú o puxeches. O que non se poden é empregar algúns temas para a política. E unha afrenta para calquera que teña mortos no camposanto.

Anónimo dijo...

Anónimo, a frenta é de quen leva esa placa ao composanto.

Anónimo dijo...

O teu xiro, pouco cortés, ponte ao descuberto, no sentido da responsabilidade. Falas de deixar tranquilos os que moran no camposanto logo de andar colgandolle carteis.

Anónimo dijo...

Imos ver, quererás decir a "afrenta" porque "frenta" non se sabe o que é.
Eu tamén teño familia enterrada alí e quizas, porque algún de eles foi dos que loitaron pola cultura e lingua galega síntome agradecido por este homenaxe.
A placa é un recoñecemento a xente,(e da igual que a houbera posto o PP o PSOE ou o BNG)."E de ben nacidos ser agradecidos"

Anónimo dijo...

A min pareceme moi ben cando se lle fagan homenaxes a "ilustres" (como os Casado, o Movilla, ...) pero non hai que esquecerse que nunhas grandes épocas da hitoria do galego: Séculos escuros e a "longa noite de pedra"; o galego perdurou gracias a esas persoas anónimas, que coma moitos dos que están no cimiterio, fixeron que o galego chegara ata os nosos días.
Por certo non vexo porqué si se cre positiva a normalización dos nomes das rúas (co que estou de acordo) non se pode crer apropiado isto.
Para min é un auténtico acerto, igual que o é o da toponimia, e si se vira acompañado da normalización das rúas mellor.

Anónimo dijo...

¿ A qué ven esa placa??????
Por máis que penso non lle atopo sentido, nen me convencen os argumentos aquí esgrimidos , me parece que está forzada e fora do tiesto completamente....???????????

Anónimo dijo...

Pois quizás pensando no concepto da "intrahistoria" de Unamuno podamos entender o que di Catapiro. As homenaxes á xente ilustre do pobo que fixo algo pola súa lingua esta ben ¿verdade? pero quenes a mantiveron viva tamén falándoa son os do pobo, os protagonistas da "intrahistoria" ós que rara vez se lle rinden homenaxes. Eu, de tódolos xeitos, pensaba que a idea da placa saíra de Don Xosé, o cura ¿non tivo nada que ver?.
Augusto Pérez

Anónimo dijo...

Non lle tires do fio, Xosé, outra cousa máis sen xeito.
Pronto haberá que facer o listado dos desatinos desta corporación e mira que teño ganas de aplaudir algo ben feito.

Anónimo dijo...

Estou con Bautista. Señalización en galego, xa e deixádevos de parvadas.

Anónimo dijo...

Señoras e señores, acaban de asistir o momento da "cuña publicitaria anti-corporación de Castro Caldelas" patrocinada por la firma "Son Maite e teño unha fixación co goberno do Castro"
Esperamos que en breves intres tamén podas acusalos de:
-Temperaturas extremas no planeta
-Sequías e inundacions
-Deshielos nas zonas polares
-Alteración de las reservas de auga
-Aumento do nivel del mar
-Pérdida de los arrecifes de coral entre moitas outras cosas.

"non se vaian todavía que aínda hai máis"

Esperamos a túa "iluminada" intervención proximamente.

Anónimo dijo...

Tema con moitas espinas, este da placa no camposanto. Para os que temos familiares alí enterrados é tocar un tema moi sensible, e cada un pode facer a súa lectura. Todos pensamos que os nosos abós poden merecer non xa unha placa, senón unha estatua equestre. É un pouco como os tatuaxes "amor de madre". Nada que decir a eso. Eso desde o punto de vista persoal. Desde o punto de vista estrictamente histórico, seguramente habería moito que matizar.
A mín, a verdade, é que o da placa paréceme un tanto estrambótico, como para psicoanalizarnos. Outra lectura posible: non soa esa placa aos mortos como dar por liquidado algo?, como un adeus a unha cultura desaparecida? . Non hai mellor homeaxe aos devanceiros que defenderon a nosa cultura que exercer hoxe e defendela.

Anónimo dijo...

Si e falar galego no cotián ¿non?

Anónimo dijo...

Estaría ben saber quen é o pai desta idea sen tino.

Anónimo dijo...

eso

Anónimo dijo...

Por favor ahora que nos estamos a desfacer das equestre de Franco non veñades con máis, que xa bastante caro nos costou quitar as outras.
A min o que me parece que non ten tino ningún e darlle voltas a este tema, e non me parece de moi bo gusto tampouco.

Anónimo dijo...

Por favor ahora que nos estamos a desfacer das equestre de Franco non veñades con máis, que xa bastante caro nos costou quitar as outras.
A min o que me parece que non ten tino ningún e darlle voltas a este tema, e non me parece de moi bo gusto tampouco.

Anónimo dijo...

Por favor ahora que nos estamos a desfacer das equestre de Franco non veñades con máis, que xa bastante caro nos costou quitar as outras.
A min o que me parece que non ten tino ningún e darlle voltas a este tema, e non me parece de moi bo gusto tampouco.

Anónimo dijo...

Perdón tripliquei a entrada. Disculpas mil.

Javier Diéguez López dijo...

Eu penso que esta placa, en un recordo, digamos que unha homenaxe a tódala xente que por desgracia xa non está con nós. Realmente creo que non está tan mal posta como algúns decides. Con esto non quero seguir con este "absurdo" debate. Só é unha opinión. Os nomes das rúas en galego sempre dixen que estaría moi ben. Xa debía estar feito.
Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

Creo que neste blog as veces abrénse debates estériles que o único fin que buscan é atacar á corporación municipal. O caso é buscar algo que se faga, sexa o que sexa, e criticalo.
Creo que a placaé o que é: unha homenaxe a xente que alí está enterrada e que fixo todo o posible para que a nosa lingua e anosa cultura chegase ata nós. E punto.
Non lle busquedes outro significado.
E dígovos máis, non llo busquedes porque o significado é este. Xa que a idea saliu de min e propúxenlla ó alcalde.

Anónimo dijo...

De acordo contigo Ariadna, creo que o fin de moitas entradas neste blog buscan eso o ataque directo e nada máis. Da igual o tema que sexa.
Da miña parte, felicidades pola idea.

Anónimo dijo...

Ja, ja y requetejá ó anónimo das 3:13, o anterior a Lucía. Opinións sobre a placa hai e haberá moitas, digo eu; pero que haxa xente que aproveite absolutamente todas as entradas para desviar os temas hacia as críticas que eles queren facer paréceme un pouco enfermizo. Ista é a miña humilde opinión. Logo as discusiós e piques por faltas ortográficas e/ou gramaticáis... ¿quén de nós non as comete cando escribe aquí a toda presa? (ollo, non defendo o "escribo como hablo" de Santa Teresa), parécenme unha "picada" particular entre algúns dos participantes, aínda que de todo aprederemos algo (eu polo menos, que desgraciadamente non podo dar clase de lingüística a ninguén). Noraboa, anónimo antes citado: a túa foi a única entrada que me fixo esbozar un sorriso.

Bautista Sotelo dijo...

Taquino, sinto que che doan as miñas entradas, incluso tendo a oportunidade de mostrar as túas opinións, baixo un seudónimo. Curioso, a liberdade de expresión ten estas cousas.

Anónimo dijo...

Coido que Lucía fixo unha achega moi acertada. Ariadna, estas para que te psicoanalicen. Andar a propor placas no cementerio!. Non é nada persoal, pero tan pedidiña andas. A lingúa onde mellor está é onde hai vida, nas rúas, empregandoa, deixade de facerlle a competencia ao cura. Que rariños sodes.

Anónimo dijo...

Maite vexo que o teu non é o respecto a opinión dos demais. Ese ton despectivo que empregas cara ás demais díceo todo de tí.
Respecto ó que di Bautista un pouco máis arriba tamén dí bastante del. Creo que todos nos coñecemos o suficiente como para saber quen é quen, e o que pretendemos.
Para todos: Máis propostas constructivas e menos críticas destructivas

Anónimo dijo...

Bautista,non sufras, non eres tan importante como para que as cousas que tí dis me podian doer. Escúdate no que queiras pero eu so che estou facendo unha crítica(eso tamén é liberdade de expresión), na que digo, que creo que sacas temas co único afán de que se produzcan ataques continúos a corporación do Castro, Eso na miña terra chámase "tirar a pedra e esconder a man".E se non queres que a xente opine baixo un seudónimo, está nas túas mans,podes facer que as entradas non se fagan dende o anonimato, o que pasa que o mellor baixánche as entradas no blog, porque aquí hai moi pouquiña xente que se identifique claramente.
En cuanto a Maite, hai moi poucas entradas túas nas que non insultes as persoas que interveñen e que non están de acordo contigo, eso chámase ser intransixente.

Anónimo dijo...

Queredes atacar e ninguén vos replique, e as cousas non funcionan así. Se abres unha noticia buscando polémica o normal e que a encontres.

Anónimo dijo...

Taquino, penso que si lle ofreces un postiño na rede clientelar do Concello o Bautista deixará de facer entradas que molesten. Non ves que é o que está perseguindo, claramente. Como nos vosos blogs, tedes que neutralizalo para que orillee sempre as intervencións públicas. Non sei como se atreve.

Anónimo dijo...

Eres dura de mollera, xa cho dixen máis veces, nin traballo para o Concello do Castro (nin para ningún outro) nin son familiar do Osorio, nin teño blog ningún, polo que pensa algo con esa cabeciña, porque erras de persona.

Anónimo dijo...

Taquino, no te apures, tiene manía persecutoria y ve "carguitos" por todas partes.
De hecho ya es conocida como la persona que "en muchas ocasiones ve carguitos".
Gracias a ella, van a hacer una serie de cortos en el Castro que se titularán:
"Carguito's blog"
"Maite, Luci y Bom y un carguito del montón"
"Carguito al borde de un ataque de nervios"
"No es país para carguitos"
"Carguito de sábado noche"
"Todo sobre mi carguito"
"Carguito en los juegos Olímpicos"
"Carguitos Lejanos"

Maite cambia el chip, que te has quedado rallada.

Anónimo dijo...

Osorito e Encarna, empezamos estar de vos ata as narices. Está ben defender o traballo dos papas, pero ata un punto. Un pouquiño de dignidade.

Anónimo dijo...

el clan se tiene que defender . . .

Anónimo dijo...

Bautista: quizás, lamentablemente, esta sea la última vez que intervenga en tu blog por lo siguiente: estoy hasta las auténticas pelotillas (de las que carezco) de que haya "personajes" que se empeñen en inmiscuirme en la vida y trabajo de mi padre. Si alguien tiene algo que decirle, que se lo diga a él porque os aseguro que yo no soy responsable de sus actos, al igual que él no lo es de los míos. También os puedo confirmar que, cuando mis alumnos suspenden, no van al Ayuntamiento del Castro a reclamarle a mi papá. por otro lado: yo no vivo de la política ni lo he hecho nunca. NUNCA se me habrá visto en ningún acto electoral ni haciendo campaña ¿sabéis por qué? porque paso total y absolutamente de ello; así que no sigáis por ese camino: NO, NO DEFIENDO A MI PADRE, NO SOY YO ESOS QUE ESCRIBEN ¿Es tan difícil de entender?
Cuando he participado en este blog lo he hecho con mi nombre o, cuando hablaba en nombre de la asociación cultural o Irrio, con el de Altazor.
Por lo que veo, debe de haber personas en el pueblo que me odian profundamente para hacer semejantes comentarios y me pregunto de dónde puede salir ese sentimiento. Comprendo y respeto que haya gente que no me trague simplemente porque sí, pero que estando yo a 500 km del pueblo viviendo tan feliz, estén pensando o viendo comentarios míos por todas partes?????????? Yo me iría a mirar, de verdad. Siento decirte, xurxo (seas quien seas) que estás equivocado en lo que respeta a mi persona: ni tengo necesidad de defender el trabajo ajeno ni, como te expliqué más arriba, lo hago.
Bautista, sintiéndolo mucho, mientras en tu blog se permita este insulto innecesario, desde luego yo no participaré más; así que atención: no volváis a ver mi sombra donde no está.

Anónimo dijo...

ja,ja,ja,ja, ja, ja, y requetejá !!!!!

Anónimo dijo...

Por máis que vos toque o carallo, sigo sendo eu o que escribo e sigo sin ser nin Encarna nin Osoritos nin carguitos. Podedes pensar o que queirades e seguirvos rindo da vosa propia ignorancia.Non saberedes nunca quen son, e o peor e que non volo podedes nin imaxinar, por eso se usa un seudónimo. Dos miles de votantes que ten o PSOE podo ser calquera...Ala a comervos a cabeciña (os que podiades,claro).
E se vos molesta que interviñamos no blog, tédelo claro, porque vou seguir entrando cando me pete, e seguir opinando e criticando o que me pete, coma facedes vos.E o que non esstea de acordo ca liberdade de expresión está claro que ten un problema.
Ahora vou seguir disfrutando do fin de semana no Castro.

Anónimo dijo...

ja,ja,ja,ja,ja,ja y requetejá !!!!

Anónimo dijo...

Taquino es que se te ve tanto el plumero hombre!!!!! que es dificil ya que disimules. hay muchas entradas tuyas y claro..los demás pensamos y sacamos conclusiones. de todos eres el que peor lleva las críticas , un poquito de serenidad que a los demás no nos va la vida en ello. solo opinamos y discutimos eso es sano y saludable..y tu te vas poner enfermo.

Anónimo dijo...

" Hay peregrinos de la eternidad cuya nave va errante de acá para allá, y que nunca echarán el ancla"

Anónimo dijo...

Que tía máis pelma, coño! para xa coas citas ,que parece que non tes ideas propias sempre dicindo as dos demais.Non dixeches que non volvías entrar? haber se é verdade.

Anónimo dijo...

" Todo lo que no se comprende envenena"

Anónimo dijo...

Último anónimo:

Ese " haber" non é do verbo haber senon de " VER": a Ver.
A ver si aprendemos. Menos consellos ós demáis.

Anónimo dijo...

Aplícao a ti que " demais" non leva til,parviño!

Anónimo dijo...

Erros cometémos moitos, pero máis grave que non poñer espacio despois da coma, é non saber opinar sen insultar.

Anónimo dijo...

o triste é que no castro segue a dividirse a xente entre "os do psoe" e "os que non son do psoe", clasificación a veces inventada porque hai persoas que non explican a quen lle votan e aínda así hai quen, desde un ou outro bando, se empeña en metelos nun saco ou noutro. eiquí fálase da placa e de se é oportuno ou non poñela, non se trata de ser "do psoe" ou "antipsoe". e como caldelao de toda a vida, quero deixar ben claro que xa estou hasta os collós de esa historia que xa dura anos e anos, que xa non queda na política senon que divide á xente, que nos fai discutir e perder o tempo, moitas veces por parvadas como esta, e que está dividindo ó castro e é unha pena.