jueves, febrero 21, 2008

O ave, tardou pero chegou.



A alta velocidade (AVE) xa está eiquí. Non é tan rápido como a ponte aerea, comentaban onte os xornalistas, pero según se ve conta cas simpatías da xente que o está utilizando masivamente. Para os que nos gusta toda a mítica dos trens, non hai coor. A mellora das comunicacións pode revolucionar as relacións. É posible que agora algúns cataláns descubran Madrid e moitos madrileños teñan a oportunidade de ver que eiquí non comen a ninguén. Quen nos dera poder ir Galicia na alta velocidade, en cinco, seis horas, porse alí. Bueno, a ver si podemos velo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Se temos en conta o que hai poucos días lle escoitei comentar ó Presidente Zapatero, nunha entrevista concedida a Punto Radio, non ha tardar. Decíalle a Luis del Olmo que a chegada do AVE ó Bierzo ( ben pretiño de nós ) habían inaugurala ámbolos dous, e aseguráballe que no prazo de dous anos, España había ser o país con máis Km de alta velocidade.
Pola contra, aquí mesmo na rede, lin as interpelacións feitas, por un político doutro partido, á Conselleira de P.Territorial, demandando información sobre o tema e laiándose de que o Ministerio de Fomento tivera paralizadas 700 Km de vías que deberían estar en obras.Isto, según el, atrasaría a chegada do AVE a Vigo, como mínimo ata o 2016.
O tempo, coma case sempre, diranos de que parte estaba a razón.