martes, febrero 05, 2008

Os fotógrafos son os poetas deste tempo



O fotógrafo Lucien Clergue  deu onte unha conferencia no Institut d´Estudis Fotográfics. Hoxe o xornal el Periódico publica una entrevista de Mònica Tudela, na que dí:

-Que ten que facer un fotógrafo para ser bo?
-Esquecerse un pouco da foto. Sempre lles digo aos alumnos: "Ide aos museos, explorade a pintura, escoitade música, bailade, comede cousas boas, facede o amor". E dígoo porque creo que logo de todo iso vai vir a foto. Hai que ter os ollos abertos, pero fai falta unha cultura enorme, porque nun segundiño de nada estás tomando unha decisión de ver o mundo.

-Algún outro consello para os que empezan?
-Crer no que se está facendo, ser moi aberto a todo e non ser escravo da técnica. Hai que aprendela para esquecela. Penso que os fotógrafos son os poetas deste tempo.

No hay comentarios: