domingo, febrero 03, 2008

Resgate do Mosteiro de San Paio



Parece que o Mosteiro de San Paio (Abeleda) pode renacer das súas cinzas. La Voz de Galicia fixose eco, non fai moito, dos acordos entre a Airexa e un comprador de Compostela, para levar a cabo o resgate do seu abandono e da súa desfeita.  Falase de unha casa de turismo rural, dun espacio aberto a cultura, de augas termais, de viño e da elaboración e comercialización de productos da Ribeira Sacra. A nova é moi ilusionante. O Castro necesita un puntal máis para tirar do turismo de calidade e iste fermoso mosteiro pode axudar nesa vía. Fotos: Marita /Capítulo O/Gago.

29 comentarios:

Anónimo dijo...

É unha gran nova. Gusto moito de mosteiro. Entre as súas ruinas, o meu amor, dixome cousas moi fermosas. Espero que a nova propiedade permita o acceso. Parabens.

Anónimo dijo...

Me alegro mucho, da mucha pena ver nuestro patrimonio en ese estado.

Anónimo dijo...

Mete miedo. Parece el efecto de un terremoto o una inundación y no el olvido del patrimonio, por parte de los hombres.

Anónimo dijo...

increible.

Anónimo dijo...

Bautista: Ainda non sendo tema deste fío, non sei se sabes que na lista de blogs galegos:" Os blogues todos do blogomillo" aparece "Máis alá do transformador" no posto 799. Descoñezo os criterios que seguen para elaborala, pero tendo en conta que son 5.481 os blogs que a conforman, pódese considerar moi ben situado.

PD ( Todo un acerto a magnífica panorámica que puseches de encabezado de páxina).

Anónimo dijo...

Sen dubeda os monxes cultos do cister elexiron un lugar previlexiado naquela elevación da ribeira. Logo,os albaceas non foron capaces de cuidalo e nós, os herdeiros, non fumos capaces de evitar a súa ruina. Alégrome que se recupere.

Anónimo dijo...

Bautista, a pregunta que me sae é como Airexa deixou que se arruinara iste Mosteiro. Non ten responsabilidade por deixar que se estrague o patrimonio cultural.

Anónimo dijo...

A deixación por parte do Concello de Castro Caldelas faino responsable do estado no que se atopa este Mosteiro. O concello podía obrigarlle ao bispado, dende fai moito tempo, que botara man do patrimonio. É un caso máis de desidia e nula sensibilidade co patrimonio da zona. Polos comentarios que vexo, algúns diredes que o concello non pode facer nada. O concello é tan responsable como bispado da situación na que se atopa o mosteiro. Cales foron as acción, en todos os anos que goberna o Osorio e o seu equipo, a favor deste Mosteiro.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo, o Concello non moveu nin un so dedo polo Mosteiro de San Paio, sabendo a desfeita e o expolio que alí se estaba cometendo. Espero que non se apunten ningún tanto con esta boa nova e que todo sean facilidades para acometer ista obra tan importante. Os monxes cultos do císter non estuveron en San Paio, non está documentado que pertenecera a ninguha orde.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Alpha, non coñecía esta lista. Estiven mirando e o sorprendente é que O PRADO se atope mellor situado que "máis alá do transformador". Pareceume, se entendín ben, que median o movemento de comentarios.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Alpha, non coñecía esta lista. Estiven mirando e o sorprendente é que O PRADO se atope mellor situado que "máis alá do transformador". Pareceume, se entendín ben, que median o movemento de comentarios.

Anónimo dijo...

Non fun eu, pero estaba pensando o mesmo. Qué fixo o noso activo concello polo mosteiro. É unha boa pregunta. Seguro que os de sempre dirán que fagamos a pregunta na ventanilla. A Carmiña ou o Juan Jesús póñennos ao corriente da situación. Sen querer ser catastrofista, que non o son. O estado do Mosteiro é un bó símbolo do naufraxio que vive o Castro. Penso como moitos, deste blog, que a cousa é reversible, pero temos que traballar todos, participar activamente e non confiar en ningunha opción política. Todas aletargan a espera da sabía nova e esta fai tempo que fuxiu.

Anónimo dijo...

Ollo! Coidadiño! Moito tino e delicadeza! que chegan os " carguitos" A DECIR QUE INSULTADES! ou que non facedes nada, ou que non tedes ideas, ou que así non se fan as cousas ou que,...bla, bla, bla...éche como nada.
¡ Cantos pobos botarían as uñas por este valioso patrimonio e verían deseguida negocio e beneficio para o pobo!!!! ay! como somos...

Bueno, deámoslle unha oportunidade e a ver se remedan a desidia deste tesouro agochado e a piques de desaparecer entre as silveiras, qué mágoa.

Anónimo dijo...

Eu vexo a cousa así. O concello tense que preocupar dos vivos e non das pedras. De onde queredes que saquen os cartos os do Concello. A Iglesia non ten cartos e non pode manter o seu patrimonio. Se se metera ca iglesia o Concello, sería como meterse cos seus feligreses e xa vedes como anda a cousa. Ou que pensábades, que lle ía a meter unha multa o Concello a Iglesia por ter así o mosteiro. E de que vale unha multa. O concello xa ten bastantes problemas.

Anónimo dijo...

Mirade, a culpa é da Inés que gobernou cultura e patrimonio durante moitos anos e non foi quen de facer algo por este mosteiro.

Anónimo dijo...

Alguén me pode dicir como buscar os blogs no blogomillo, sen ir un por un. Quixera ver que relevancia teñen o resto de blogs que falan de castro caldelas. Atopei o de Caldelao de Caldelas no posto 205 pero non atopo o do POnte Louco

Anónimo dijo...

Unha dúbida: ¿o mosteiro non foi privado durante algúns anos? ¿según teño entendido un grupo de persoas mercárano para arranxalo pero logo o seu proxecto non foi adiante co que de novo voltou, non fai moito, ás mans da iglesia? ¡Ai, perdón, ainda que fose privado é verdade que a culpa tamén foi do alcalde e da Inés. En fin. En serio: o primeiro que conto, o de que foi privado, é absolutamente verdade ¿alguén sabe máis diste tema?

Anónimo dijo...

P.D. o que pregunto paréceme serio, agradecería que as persoas que contestasen o fixesen con repecto e ironía fina e elegante. Son anónimo, que non "carguito".
Anónimo anterior

Javier Diéguez López dijo...

Efectivamente Sr/a anónimo. Iste mosteiro foi privado durante algúns anos. Supostamente a xente que o mercou recibiu unha subvención para arranxalo, pero o final os cartos voaron e quedou sen facer nada.
Pero sigo decindo o mesmo, uns por outros e casa sen barrer. Penso que mentres este o clero no medio, se a eles non lle interesa nada se vai poder facer, nin concello, nin cultura nin nada. Algo parecido sucedeulle a Abadía de Abeleda, primeiro o clero quixoa vender, o pobo non o deixou xa que tamén pertencian as terras o pobo. Despois, fixose un proxecto de rehabilitación da casa, capela e terras para construcción decíase daquelas do instituto da xuventude. O proxecto tíñao un xenro de D. Carlos Costoya, pero o final o clero interpuxose outra vez no medio e non deixou ir adiante nada. Agora solo tedes que ver en que estado está.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Os concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñecer o valor cultural dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia que se ubiquen no seu termo municipal.
Correspondelles, asi mesmo, adoptar en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvaguardar os bens do patrimonio cultural de Galiciaque visen o seu interese amenazado.
A Igrexa católica propietaria dunha boa parte do patrimonio cultural de Galicia, velará pola protección, conservación... etc.
Que cada quen interprete a Lei como queira, a mín paréceme que esta ben claro.
O que dice D. Javier Diéguez paréceme que non é así exactamente, creo que o anterior propietario non chegou a recibir ningunha subvención, o Mosteiro estubo a venda e logo houbo por medio unha suposta operación inmobiliaria. un saúdo.

Anónimo dijo...

Gracias as dúas persoas que respostaron ó meu interrogante, algo me aclarades, pero so algo ¿alguén sabe máis diste tema? Olpeto, polo que ti dis, si o mosteiro pertence á igrexa e ela non quere facer nada por salvalo (algo evidente vendo o seu estado) ¿pode facer algo o concello?. Sexa como sexa, eu estou de acordo con todos os que pensan que é unha verdadeira putada (perdón) que se deixara perder semellante xoia e incluso que se roubara nela. En fin, espero que para San Paio veñan tempos mellores, oxalá.

Anónimo dijo...

O debate é interesante, (o que se pudo facer e non se fixo), agora neste intre preguntarse de quen foi a culpa xa me parece un pouco tarde, máis podemos aclarar algo.
Anónimo, podo decirche que no Mosteiro de San paio cometéronse dous delictos moi graves contra o Patrimonio. O primeiro deles contra o Patrimonio Documental (libros, pergamiños, etc) roubaronnos todos, e o segundo contra o Patrimonio histórico artístico, roubo de retablos da igrexa e ainda columnas e pedras. Sí, o Concello sendo coñecedor do expolio que se estaba cometendo en San Paio pudo facer algo, con independencia de que fora propiedade da Igrexa, máis non fixo nada, e non sería por falta de comunicarllo. Algunha Asociación Cultural se encargou de lembrarllo ben a menudo. Pero como ti dis espero que para San Paio veñan tempos mellores.

Anónimo dijo...

É un símbolo claro do apocalipsis.

Anónimo dijo...

Historia y Descripción: Monasterio del siglo XII que después de la desamortización de Mendizábal pasó a ser propiedad de la Casa de Alba y actualmente se encuentra en estado ruinoso. La iglesia románica conserva elementos originales y de reformas posteriores en el siglo XIV. Posee capiteles románicos, policromados. La iglesia fue reformada en el s.XIV, quedando sólo del antiguo edificio románico una portada de los s.XIII-XIV. Tiene planta de cruz latina, de una sola nave, con tres cuerpos separados por arco de medio punto con motivos decorativos. Recientemente fue objeto del expolio de seis retablos barrocos y neoclásicos, y de alguna columna del antiguo claustro conventual.

Época: S. XII-XIV

Propiedad: Obispado de Orense

Grado de protección: ?

Estado: Abandonado y en dramático proceso de ruina.

Carácter del riesgo: Hundimiento y expolio.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias anónimo pola achega histórica.

Bautista Sotelo dijo...

Na conta do haber, do Concello do Castro, en relación este Mosteiro, hai que decir que sempre puxo interés en que alguén o mercara para rescatalo do abandono.

Anónimo dijo...

Al igual que la rehabilitación de los cascos históricos, la restauración del patrimonio gallego, fundamentalmente eclesiástico, es un ámbito en el que cada vez invierten más fondos el Obispado y la Administración autonómica, que el año pasado destinó más de dos millones de euros a renovar la imagen de varias iglesias, cúpulas y tallas de la provincia de Ourense.
La Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta coordina estas actuaciones, teniendo en cuenta la relevancia artística de la obra a recuperar o su necesidad. Los criterios de selección son variados pero priman los motivos de seguridad, como ocurre en los templos afectados por incendios o cúpulas y tejados medio derruidos por alguna tormenta.
El Obispado de Ourense es parte importante de las intervenciones en el patrimonio eclesiástico de la provincia, supervisadas por el responsable de rehabilitaciones, Miguel Ángel González, por lo que , desde mi humilde opinión, pienso que hay mucha gente a la que achacar la situación de S. Paio, y no pretender que todo sea siempre culpa de los mismos.
Saludos Bautista.

Anónimo dijo...

Eu, Bautista, non só diría que puxo interese porque alguén o mercara, senón que lle deu toques de atención aos distintos propietarios para que eles coma donos puxeran fin a esa situación. E coma esto hai que argumentalo remendo mirar as hemerotecas, por exemplo no buscavoz se poñemos "Castro Caldelas Paio" aparecen entre outras unha tituada "Castro Caldelas advirtió en el 2002 a Patrimonio del abadono de San Paio". En todo caso serán moitos os que teñen parte de culpa: administraciónS, IGREXA (que non fixo máis que especular), algún dos donos, veciños que expoliaron, ... E houbo outros que fixeron o que puderon Fundación Xermán Estevez, alguns propietarios, algúns veciños, ...
En todo caso co que me quedo é que parece unha alternativas máis seria que todas as anteiores, aínda así penso que hai que ser realistas e ver a recuperación de San Paio levará moito tempo, moito diñeiro e neste sentido haberá que ver como as ese comprador consegue a financiación.
Dicir tamén, que a que para min é a parte máis importante deste mosteiro, a súa igrexa, non entra nese contrato, este seque a ser parte da parroquía ou da igrexia.
Por último preguntar si alguen sabe cara onde vai dirixido o proxecto.

Anónimo dijo...

Seguín buscando e atopei outra nova proxima a ese lugar e que me parece de interese:
El Gobierno frena dos centrales eléctricas en la Ribeira Sacra