domingo, junio 29, 2008

Claudio, o último morador do mosteiro


Un pequeno grupo de ovellas pace nun lameiro nas beiras do camiño que vai ao mosteiro de San Paio. O seu amo no lles quita ollo, a certa distancia vixia, leva lentes de frade. Se te achegas ao mosteiro tes moitas posibilidade de acabar parolando con Claudio. Teño a impresión de que ten o mandato segredo de velar polo mosteiro.
— Convidábavos á adega, pero non poido deixar as ovellas soias…hai moitos raposos ¡
— Pero Claudio, os raposos saen de noite.
— Se che comeran as pernas…, non, agora andan a todas horas!.
Sen posibilidade de probar o viño do Claudio por culpa dos raposos, seguimos o noso camiño, que pronto desandaremos.

martes, junio 24, 2008

dúas noites de contos, no mosteiro de san paio



Para os que xa sabedes que o lobo anda na cama da avoa, se vos pica a curiosidade e queredes saber qué pasará co conto, podedes ir á páxina da asociación amigos de caldelas, O prado. Ahí tedes toda a información. Para os impacientes, avanzo que estamos a preparar o programa "Dúas noites de contos", con Carlos Blanco e Quico Cadaval, para o 31 de xullo e o 1 de agosto. A asociación está en marcha, con moitas ganas de traballar, e aberta a todo aquel que queira sumarse.

Perdoade o misterio, mentres estábamos a pechar o programa non tiña tempo para mais, i eu tamén son impaciente. A intención dos que estamos a traballar nesta proposta é que sexan dúas noites cheas de humor e de maxia.

Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son dous fantásticos actores, moi coñecidos a través da televisión e o cine pero que levan traballado moito polo teatro en Galicia.

Estas dúas noites cumplen un doble obxectivo, que é o da asociación que as promove: traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artístico e tamén natural de caldelas e cpntribuir a dinamizar a nosa vida cultural sumando iste acto a oferta existente.

Dende máis alá do tranformador solicito aos blogueiros de Caldelas que axuden a xerar o necesario eco para que iste acto chegue a todo-los recantos posibles.

lunes, junio 23, 2008

sábado, junio 21, 2008

Faltan 39 días

viernes, junio 20, 2008

miércoles, junio 18, 2008

martes, junio 17, 2008

Falta 45 días


Fotos de Xoán Arco da Vella

Viaxe A Habana, anos trinta



Unha multitude con sombreiro de palla espera a chegada dun barco da compañía transatlántica, que ven de España, propiedade de Antonio López, marqués de Comillas; Todo un persoaxe, fillo dunha vendedora de sardiñas de Comillas que casou cunha filla dos Guell, ricos negreiros de A Habana e que logo patrocinaron as obras de Gaudí en Barcelona. A entrada deste vapor é todo un acontecimento polo que se ve na foto, con sillas e bancos para ver iste espectáculo. Unha cámara da época roda en primero plano a entrada deste xigante de catro chimeneas. Mira por onde, o mellor hai que voltar ao vapor. Na porta do camión de alcohol anuncia "agua dulce y acierto…", non sei que quere decir, imaxino que dí que a elección de A Habana é un acerto... O fotografo, leva moitos tempo esperando para facer a foto, ten todo preparado, a cámara de fuelle equilibrada…o vapor entra, acercase e cando está a piques de entrar na bocana do porto o retratista dispara e un cacho de tempo queda conxelado. O abó de Carlos Vázquez (Campos) gardou sempre esta foto no seu peto pola forte impresión que lle causou entrar na Habana. Imaxinar a emoción destes homes que chegaban ao novo mundo para cumprir os soños de prosperidade, de calar a fame, de mercar un bó traxe de liño e un reloxo de peto, de voltar a vila ou a aldea con un pouco de dignidade ou non voltar nunca máis.

miércoles, junio 11, 2008

Abrígate, nos cines


Abrígate, a película de Ramón Costafreda, xa está nos cines . A vida é imprevisible... o amor tamén... reza o cartel. A mín gustoume moito. É moi fermosa. Fai tempo, noutra entrada neste blog, falei dela.

Vázquez Montalbán, un xornalista honesto


Olegario Sotelo Blanco a través da súa editorial en castelán, Ronsel, presentou onte no Colexio de xornalistas de Cataluña un novo libro (en catalán e castelán). "EL món segons Manuel Vázquez Montalbán" recopila unha antoloxía dos artigos deste xornalista e escritor, fillo de un galego. Os autores, Carles Geli, Marcel Mauri e o xornalista Martí Gómez lembraron ao MVM xornalista e gran comunicador.

martes, junio 10, 2008

Caldelas, zona cero do prestige


"La cuenta atrás" é unha narración sobre o fundimento do prestige. Para non ter que chamarlle Muxía, onde parece que se situa iste cómic de Carlos Portela e Sergi San Julián  os seus autores elexiron o nome imaxinario de Caldelas. Non está mal, fabulamos, pois eleximos Caldelas.

lunes, junio 09, 2008

O punto de vista dos deuses


O non ter o punto de vista dos deuses costa recoñecer as nosas paisaxes a vista de páxaro. Seguro que alguén pode arriscarse e decirnos cal é o lugar que se ve na imaxe de Google.

sábado, mayo 31, 2008

Autoretrato



Autoretrato de Antón, (maio do 2008)

lunes, mayo 26, 2008

Manuel Penín, a pintura da memoria



Estes días chegoume unha agradable sorpresa. Tiven novas dun pintor, Manuel Penín, que vive en Ourense, da familia dos Penín, de Folgoso, onde pasou moitas tempadas.  Andaba por Barcelona en busca de novos retos. O catálogo que teño entre as miñas mans é proba dun importante esforzo que xa deu moitos froitos. Estaría ben poder contar con unha mostrar da súa obra no Castro. A ver cando se anima a organizar unha exposición. O escritor Fernando Arrabal dixo del o seguinte:

"Penín ajusta sus pulsiones a la sombra de su pasión, con el fin de avanzar a lo largo de la senda de los venideros tiempos / Las cosas
fugaces se vuelven eternas, y los paisajes tan emocionantes como los siglos que fluyen / Que de vez pinta o dibuja los decorados de su
vida, de su infancia, de sus orgasmos, con la esperanza de recobrarlos más tarde conforme con sus deseos en su memoria / Concibe su
obra como un extravío de lucidez. La felicidad duerme con una sonrisa de fiera, los ojos entornados / Forma y fondo, espíritu y delirio, de
todo punto semejantes, se unen para hacer uno / Dominando sus temores, deja en el olvido los infortunios, la inutilidad y pinta / Las
formas, despertando su espíritu, se lo llevan hacia un mundo de voluptuosidad y de estética donde todo parece situado bajo la misma
estrella / Sediento de eternidad Penín aspira a permanecer, lividinosamente, cara a cara a solas con su creación / Delante de su obra,
su existencia, a veces, es tan bella como superflua / Sus crepúsculos son menos resplandecientes que sus albas, pero todos ellos cantan
alabanzas / Se diría que sus creaciones nos miran con mansedumbre y encantamiento. Cuando el sol pone término a su estancia, Penín
convova las bodas de la sombra y de la noche por su arte del espasmo y del frenesí.

sábado, mayo 24, 2008

Estamos no mapa


Ver mapa más grande

Nas últimas actualizacións de imaxes de google maps aparece Castro Caldelas nunha foto dende o aire. Estiven xogando a acercarme, a voar por riba das casiñas do cimadavila e ver aquela casa, aquela leiriña, aqueles espazos da memoria e descubri-las formas dende o punto de vista dos deuses. A densidade dos soutos, a estrada de Monforte que envolve a vila nunha aperta de serpe. As zonas vellas, coas súas cubertas de tella, e as modernas, coas súas cubertas de pizarra. As rúas novas que se foron abrindo... a importancia da estrada principal na configuración do novo Castro. É a posibilidade de unha nova mirada sobre nós mesmos.

martes, mayo 13, 2008

Crónica da crisis en Nova York

Son moitas as novas da crisis na que se atopa a nosa economía. Pregunteille a unha amiga como andaba a cousa polo Norte e onte recibín un correo desta caldelá que vive en Nova York dende hai anos. Jackie traballou moitos anos para Iberia, recibindo as persoalidades españolas no aeroporto Kenedy e hoxe traballa organizando cruceiros polo mundo, dende a cidade dos rañaceos. Pareceume interesante compartir a súa achega da cruda realidade pola que están a pasar moitos americanos e pode que algún dos nosos paisanos.

Ola,

Eiqui, do outro lado do charco, nótase bastante a crisis, pero creo que é moi parecida a crisis que vive España, polo que me conta unha amiga. O porcentaxe de desemprego creceu... só decirche que a Ford despediu a 30.000 empregados a semán pasada; O Citibank pechou un montón de sucursais, do mesmo xeito que outras compañías. En canto aos traballos estan moi escasos; eiqui, na nosa compañía, viñeron a presentarse persoas que se demasiado cualificadas para os postos que temos, pero asi están de desesperados. A construccion avanza moi pouco; o Concello non ten cartos para asumir os custes. A empresa privada xa nin falemos... A xente perdeu e segue perdendo as súas casas, aínda que Bush fixo unha lei para darlles mais tempo os morosos para recuperarse. Un pouco tarde. É o momento para invertir, se tes os cartos, claro, posto que os intereses baixaron e os prezos tamén, pero a xente ten medo.

Escoitei de xente vendendo as súas xoias, a xente de idade comprando comida de animais domésticos, de can e gatos para alimentarse. E ata os refuxios para animais, xa non poden mais, xa que cada día reciben máis, xa que os seus donos non os poden manter.Isto vino fai uns días. Nos supermercados a xente está pagando con "food stamps", con cupóns que lles envía o goberno, aínda que isto xa o vira antes en Queens agora tamén o véxo por onde vivo. E o noso futuro, os estudantes veno moi negro, as axudas do goberno son cada vez menos; como sempre a clase media é a que mais sofre neste sentido. Aqui a educacion Universitaria é moi costosa e os prestámos aos estudantes fáiselles cada vez mais difíciles. E se a xente legal sofre imaxinate os ilegais. Dise que para este verán a gasolina subira a mais de 5.00$, o gallon, etc. etc. e todo o que isto leva.
Imaxínome que iste ano non teredes "o pracer" de ver a moitos "gringos" por Galicia este verán. Os prezos do avión subiron polo menos uns 300$, por billete dende Neva York. E ao sumar a isto ao das eleccións para a Presidencia, temos un cadro non moi alentador. Dise que estamos no centro do furacan, esperemos que o resto da tormenta pase axiña.

Unha aperta

Jackie Penailillo

sábado, abril 19, 2008

Un fotograma do San Xoán



No resgate das fotografías do meu pai, atopei esta imaxen da familia do Xosé de Pacios na festa do San Xoán, fotografía que ocupará un lugar importante no libro que queremos publicar. Xosé era un bo amigo do meu pai, festexaron moito, según me contan. É o que se atopa á dereita, con gafas de sol, o que sostén un paraugas que lle da á foto un punto surrealista.

A fotografía orixinal ten un tamaño moi pequeno, facíanse nun formato adaptado para as carteiras de peto. Mostra unha familia celebrando o xantar ou a merenda nun souto. Sempre escoitei falar con moita añoranza destas xuntanzas nas festas. Podían durar varios días, dín. A verdade é que a fotografía logra captar a ilusión e ledicia dese momento.

Non sei cal era o grado de intervención do retratista na composición pero o home de edade con sombreiro e chaleco preside o festín. Parece claro que é o abo desta familia e que ten un lugar relevante no espazo que reflexa a imaxen. Todos se moven ou están a facer algo. É como un fotograma de Fellini a punto de coller movemento.

domingo, marzo 23, 2008

“O farruco” creia estar no lado dos seus.

O Francisco, que veu hai anos de Villardá para a casa dos “Chiquitos”, na Airexa, Mazaira, forma parte da tertulia que se fai na pedra que hai no frente da casa dos "Bilbirichos". A pedra que o meu abó trouxo dos vales da ribeira tirada por tres xogos de bois, para apuntalar ese lado da casa. Alí, os veciños da Airexa falan de todo o que lles peta, falan das súas vidas e entéranse das últimas novas. Sempre é ben vido calquera que teña algo que contar. Fai uns seis anos Francisco falábanos da guerra civil, da guerra entre irmáns, de treguas…da espera para ser licenciado.

sábado, marzo 22, 2008

Os cañons do medo


Revisando viaxes, atopei esta foto dos cañóns que protexen a entrada por mar de A Coruña e que me conectan coa derradeira película que vimos cos cativos, "Mi mostruo y yo", nestes días de lecer, nos que disfrutamos de estar na casa, dos paseos pola cidade, e do cine en familia. A Antón gustoulle moito esta película inspirada na lenda do mostruo do lago Ness e, antes de que rematara, mentres mantiña un difícil equilibrio no alto da súa butaca de cine, preguntoume si esa lenda do monstruo era verdade. Contesteille que o que él quixera... e respostou que seguro que o era, que él creia que sí, que era verdade. Agora istes cañóns, situados no monte de San Pedro, que antes simbolizaban o medo, os medos que nos gobernan, son grandes esculturas sobre as que os cativos fan equilibrios nunha paisaxe gañada para gozo tranquilo dos sentidos.

lunes, marzo 03, 2008

Antón cumpre seis anos.


Os seus compañeiros fixéronlle un libriño con debuxos de felicitación. Cada debuxo mostra a súa visión do Antón e do número seis. Elexin esta imaxe de Antón rodeada dun arco da vella de corazóns. É dunha fermosa nena rusa, adoptada por unha familia deiquí. Con moita ilusión Antón está esperando a todos os seus amigos para tirar dos fios que liberaran a “piñata” chea de lambetadas.