martes, enero 22, 2008

Rozabales, o castiñeiro de Pumbariños

Quería ver que era o que quedaba da miña memoria de cativo. O noso restaurante servira unha gran comida nun Pazo de Sobrado que pertencía a familia do perito agrícola Gonzalo Fidalgo, que casara no Castro, coa Castita. Lembraba algo pero non situaba nen ás cousas nen aos persoaxes. Puxémonos en marcha e buscando, buscando pasamos Sobrado, Manzaneda e o final desta vila atopamos un cartel que nos levaba ao castiñeiro máis lonxevo de Galicia ou eso foi o que nos dixeron. Esquecemos o obxetivo que nós puxo en marcha e camiñámos para ver un patrimonio de perto de mil anos. Case nada, dise pronto pero costa imaxinar as cousas que pasaron o longo da vida desta árbore. Tal perto de Caldelas e non sabíamos da existencia de tal obra da natureza.



Cando entramos no souto e vimos o tamaño e a fermosoura do árbol que mellor armoniza con noso chan e co noso clima non pudemos respirar durante uns segundos.


Chovia miudiño, esa chuvia ben feitiña, sen vento, unha lixeira neboa acariciaba as fragas e parte do souto. Nunca oira falar deste castaño. Polo que vexo está na obra de Carlos Rodríguez e Jesús Izco: “Árbores monumentais no patrimonio cultura de Galicia”, obra de referencia sobre iste tema no país. Non lle medimos a circunferencia este castaño pero estou seguro que o dato deixa a calquera sen alento.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

O castiñeiro non é o máis lonxevo de Galicia. Hai varios exempalres que o superan. O que fai a este castiñeiro distinto é que ten o maior perímetro de todos os castiñeiros galegos. Por certo, chámase castiñeiro de Pombariños e non está en Razabales, senón en Rozabales

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Ariadna por guiarme. Xa vexo que teño lectores moi informados a certa do patrimonio da zona.

Anónimo dijo...

interesante, grazas pola información.

Anónimo dijo...

Están hemosos los bosques en esa época. Gracias por las fotos y la información.

Anónimo dijo...

Fai un tempo uns tolos ocurriuselle facer lume nunha rama e case acaban con íl.

Anónimo dijo...

Cantos kilómetros hai ata o castaño.

Anónimo dijo...

Xa teño desexos de ver o castiñeiro. Grazas por as fotos.

Anónimo dijo...

Por certo, moi preto da estrada de Monforte, ó redor do km 3 (na curva a dereita moi pronunciada que sae a pista para Poboaeiros) e a uns 200 m camiñando pola pista hai un castiñeiro (a man dereita) dunhas dimensións moi considerables. Non chega a ser como o de Manzaneda, pero tamén é impresionante

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Ariadna, o mellor tes unha foto deste castiñeiro.

Anónimo dijo...

Un pouco máis lonxe de donde di ariadna, xa na provincia de lugo, hai un conxunto de castiñeiros centenarios tamén dignos de ver. Tedes que chegar ata Doade e, xusto ó pasar o pobo hai un cruce á dereita que vos manda as bodegas Algueira (están moi cerca, non vos sabería dicir ben pero dous ou tres km calculo), un pouco antes de chegar a ditas bodegas sae unha pista á dereita que leva a unha ruta de sendeirismo, non lembro moi ben o que pon pero é único camiño que hai, seguindo por aí atoparedes os castiñeiros sinalizados á man esquerda. Xa sei que as miñas indicacións non son moi precisas, seguro que hai quen sabe milloralas. Os castiñeiros merecen a pena, debe haber catro ou cinco.

Anónimo dijo...

Non deades tanta información de como chegar e atopalos que ese é o camiño máis curto de que desaparezan. Se o prezo da sua conservación é non poder disfrutar deles eu pagoo.

Anónimo dijo...

Tamén é verdade,cando chega "a masa" todo se bota a perder.

Anónimo dijo...

Sí, Pepa sí. O mellor e non decir nada, ne protexelo sequera e esperar a que o barbaro de turno faga lume se o necesita.

Anónimo dijo...

Pepa, dou a información para que a xente "sensible" os visite. Me parece que os que participamos aquí sómolo máis ou menos. Por outro lado, sintoo Bautista, non creo que sexan "masas" as que lean este blog (jeje) e se vaian enterar por mín e destruir ises fermosos castaños. Por dios, un pouquiño de confianza na humanidade....
Anónimo que informaba dos castiñeiros de Doade

Tucho Calvo dijo...

Procurei información deste castiñeiro porque hoxe falounos del na Libraría Biblos de Betanzos un cliente de moitos saberes. Pero se el está no certo, o verdadeiramente significativo é que se trata dun "castaño sen terra". Nalgúns sitios permitíaselle aos pobres plantar un castiñeiro e aproveitarse del e os seus froitos, mesmo deixalo aos descendentes, pero non traballar a terra que ocupaba. Cando a árbore morría, perdían este dereito e non podían plantar outro castiñeiro no sitio se non había un novo contrato. Pola contra, se a árbore agromaba desde o cepo, seguían conservando o seu dereito a aproveitalo. É unha historia fermosa que non coñecíamos e que nos gusta compartir. Non temos que agachar estes monumentos naturais. Temos que ensinar a respetalos e facer que nos conten cousas coma avós centenarios que viviron moito.

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Tucho, por compartir esa información sobre os "castaños sen terra". Saúdos e moitos éxitos con Biblos.