lunes, enero 28, 2008

A adega dos Domínguez en Manzaneda


Moi perto de Manzaneda,  atópase esta moderna adega que se adapta ao terreo con diferentes construccións para a transformación da uva.  Marcas como Lacima, Lalama, Lapena, Lapola y Refugallo son cultivadas nunhas viñas en forma de bancais, na  subdenominación da Ribeira Sacra, Quiroga-Bibei e son os tesouros da sociedade, Dominio do Bibei,S.L., dos irmáns Dominguez, empresarios do textil, que comercializan marcas como Carolina Herrera, Purificación García ou Bimbaylola

16 comentarios:

Anónimo dijo...

A adega non se atopa en Larouco (D.O. Valdeorras), atópase no Concello de Manzaneda

Bautista Sotelo dijo...

Gracias Ariadna, espero non perder o teu fío.

ovella negra dijo...

Haber si nos informamos un chisco mellor, a adega non e dos Irmáns Dominguez, a verdade que as vosas fontes de información son peor cas de Karmele Marchante na illa dos famosos. Que tios, eu comprobo a información antes e publicar nada por ei endiante.

Bautista Sotelo dijo...

Xa vexo que pola alta en blogger acabas de cambiar a pelica branca pola negra. Tí mesmo. Mira, si tes algo que decir ou aportar, pois moi ben. Decir que non é dos Domínguez, e querer dal clases de deontoloxía... Pero que vós pasa... Mellor sería que dixeras logo onde está o erro. Non verifiquei o rexistro mercantil nin creo que faga falta. Según as fontes os propietarios reais desta adega, salvo que mudara fai pouco, son unha parte da familia Domínguez.

Anónimo dijo...

Eu non sei de quen é esa bodega, pero o mes de maio pasado tiven a sorte de ter de invitada na miña casa a Lauriña, a enóloga ou unha das enólogas que traballa aí (creo). Non a coñecía, pero como temos amigos comúns veu pasar o womad con nós. Tróuxome unhas botelliñas de "refugallo" e... QUEDEI NAMORADA, do viño e de pasalo tan ben con ela, con Álvaro e con Roberto "Cuchufello". Recoméndovos o viño: moito, moito, moito

Anónimo dijo...

Bautista: perdona que utilice o teu blog para isto. Non sei si sabes que Carlos ("O da Margarita"), está participando nun concurso de maquetas que organiza 100pippers. Bueno, un caldelao ahí loitando pola fama! No blog do pontelouco puxeron un enlace, seica busca apoios, coméntocho a ti e ós que te leen por si vos interesa escoitalo e votarlle (si vos gusta claro).Saudos.

Javier Diéguez López dijo...

Ovella Negra.
Que che se pode decir, con ese nome que elexiches. Xa o dis todo. Pero creo que non son formas de expresarte nun blog tan correcto coma iste. Se alguén se equivoca podese correxilo de moitas mellores formas. De todos modos creo que quen esta confuso eres tí. Teño parentes que colaboran coa adega esa, e sempre dixeron que era dos irmáns Dominguez.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Efectivamente. A bodega non e dos Irmans Dominguez. Solo o Irman pequeno, Xavier Dominguez, e o accionista maioritario. Antes de correxir a os demais, un se deberia informar e corroborar o que escribe.

Anónimo dijo...

Ser ou non ser, coma na película de Lubitsch.Ó cabo parece que É, non de varios Domínguez, só de un.Tamaña transcendencia pode acarrear importantes variacións na historia inmediata do país.

Anónimo dijo...

A min non me parecem moi transcendente, pero si é correcto así pois haberá que dicilo, e si é con boas maneiras, mellor que mellor.
Por certo o "ser ou non ser" creo que é de un tal Shakespeare.
Por último: que tranquilidade, agradécese...

Anónimo dijo...

William Shakespeare: "Hamlet"
A duda de Hamlet:"Ser ou non ser"

Ernst Lubitsch:" To be or not to be"( 1942)
Xénero : Comedia
Traducción: "Ser ou non ser"

Anónimo dijo...

Catapiro, non botes antes o carro cos bois. Documéntate. Teclea en google. E. Lubitsch, coñecido como o rei, é un dos grandes da historia do cine.

Anónimo dijo...

Entendemos que para entrar en google non hai que ser moi listo eh xurso? E esta claro que o título da película ven da obra se Shakespeare ou non?

Anónimo dijo...

También hubo un capítulo del 1,2,3 que se titulaba " To be or not to be"(ser ou non ser) pero eso non quita que a frase siga sendo de William Shakespeare.

Anónimo dijo...

Pero empregou moi ben o da pelicula, en tono de comedia!!! que non o pillastes, pois os versos do poeta orixinais que tantos lugares comunes deron despois non os pronuncia Hamlet para rir precisamente...lede, lede.

Violeta dijo...

Ola, ainda que esta entrada é un pouco antiga permítome engadir un pequeno comentario.
O otro día estiven navegando por internet na procura de información de esta adega e atopei o teu blog mais a páxina web oficial da adega, penso que é moi noviña pois non a vira antes, podedes visitala en www.dominiodobibei.com, a min gustome moito, xa me diredes cando a vexades. Os viños que probei gustaronme moitisimo.
Ainda que eu son de Cangas, encántame ler cousas da vosa comarca. A Ribeira Sacra é unha maravilla, seguide así.
Bicos