martes, enero 01, 2008

Autoretrato de Xaime Quessada


Así é como se quixo representar o pintor Xaime Quesada fai 22 anos. A xenerosidade do editor de “Lucenza”, a segunda novela deste artista, fixo que chegara a min como agasallo o orixinal deste autorretrato. Xaime Quessada dominaba a pintura e o dibuxo e era un admirador rendido das vangardas. Xaime foi un dos mellores intérpretes da vida de artista. Probou todos os estilos e construiuse como persoaxe de referencia na vida local ourensá dende os tempos do “Volter” onde reinaba a figura de Vicente Risco, que bautizou a Xaime e o seu grupo como “Os artistiñas“. Fai trinta anos visitei a súa casa e estudo en Vilar das Tres. Unha espectacular casa moi moderna, deseñada pola súa dona, Chus, toda en formigón, con grandes fiestras que daban a un souto de castaños. Realmente impresionoume, xa que, a modernidade que rodeaba a súa vivenda e o seu estudo era pouco común no entorno no que eu me movera ata entón.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Din os que o coñeceron,que era un home xenial , a súa obra así o demostra, e que coma todos os xenios, ás veces, tamén resultaba "especial" no trato persoal. O que si é seguro é que quedará para sempre na historia cultural do país.Deixa tamén unha fundación co nome de seu fillo recentemente falecido.Ámbolos dous descansen en paz.

Anónimo dijo...

non o coñecín, pero a súa obra fala da súa xenialidade.

Anónimo dijo...

A min este debuxo recordame a un pintor vangardista de orixe caldelao: Candido Fernández Mazas; en concreto un debuxo no que reflecte os que para el eran os tres odiados porderes: o cura o garda civil e o alcalde.