domingo, enero 27, 2008


Pouco a pouco as portas vanse abrindo. É importante seguir petando.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cantas reflexións poderíamos e deberíamos facer mirando a imaxe desta porta que semella caer de vella, pero aguanta, firme, estoica, platándolle cara ó tempo! Pode, por idade, ser nai de todas as portas: da que deixa paso a intolerancia, o rancor, a carraxe... sendo así, que permaneza pechada, que ningunha man toque o pecho. Se, pola contra, do outro lado campa a concordia, a bonhomía a tolerancia..., petemos con forza, derrubémola se é preciso, para que permaneza sempre aberta de par en par.
Haberá a quen lle pareza , o que acabo de escribir, cursi e melindroso, pero a realidade, ben preto por certo, está a darme a razón.

Anónimo dijo...

Non che falta razón. Moi fermosa, a túa reflexión.

Anónimo dijo...

Moitas grazas Pepiño Grilo