sábado, enero 19, 2008

Os fachos, a noite do lume



Fai dous anos voltei os fachós co meu fillo Antón. Puiden gravar este video que xa leva perto de mil visitas. Por si alguén non o viu volto a colgalo. Según me dín, hoxe, non se collía na praza. Parece que o éxito desta festa cada ano vai a máis.

38 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante testimonio de esa fiesta aunque da la impresión de que van un poco desorganizados... ¿Alguien podría explicar sus orígenes y significado? Muchas gracias.

Anónimo dijo...

Alguén pode decir cantos porcos se comeron en forma de chourizos e cal é o presuposto desta festa.

Anónimo dijo...

Moita xenta, tanta que eu non puden nin comer tranquilamente un chourizo, disfrutando do lume, como outros anos. Escoitei que estaban moi bos e que o pan de Montederrano ainda mellor. A quen beneficia ise éxito tan grande de público: os bares. Ou sexa que somos un gran aparcamento no que se organizan chuchipandas para beneficio dos taberneiros. O futuro é ilusionante. Perdoade si son demasiado realista.

Anónimo dijo...

O sector terciario é o que manda no pobo. A ver si vós enterades. Os políticos que son conscientes da situación, non como os opinadores deste blog, traballan para que a xente veña e deixa cartos nos nosos negocios. Iste fin de seán movemoslle ben o peto os que por alí se deixaron ver. Que non pudeches comer o chourizo, pois vaino comer a tua casa e, se non os tes, mataras o porco a tempo.

Anónimo dijo...

Un pobo en decadencia. Cunha crisis social e económica de envergadura e logo "barra gratis" para os visitantes a festa. Non parece que sexa a mellor idea de xestión dos cartos públicos. Ainda que fomos maioría os que votamos ao equipo de Osorio non se trataba de un cheque en branco.

Anónimo dijo...

¿Para comer y gastar en bares se organiza la fiesta? Pues qué desilusión ...creía que había algún tema cultural, una tradición...algo más que comer chorizos.

Bautista Sotelo dijo...

O certo e que a festa foi resucitando ata o que é hoxe. O feito de que o Concello prante palla e leve a cabo toda a loxística da organización en colaboración ca airexa non é pouco. Polo que me contan, o de onte, foi un éxito rotundo. Agora ben, como moitas cousas, seguramete se pode ainda mellorar, polo menos, na forma.

Anónimo dijo...

También es verdad que en Galicia la mayoría de las fiestas se organizan para comer: la fiesta de la ternera, la fiesta de la empanada, la fiesta de la bica, la fiesta del pimiento, la del pulpo, la de la sardina, la del mejillón y etc. etc. y si es gratis asiste mucha gente.

Anónimo dijo...

PARA OS QUE NON SE ENTERAN.
Imaxino que moitos recordaredes, hai uns trinta anos, o que eran os fachós: Nada. Catro ou cinco rapaces co noso fachonciño e a festa esmorecendo. Non a coñecía nadie. Logo comenzouse co concurso de fachós, dando premios en metálico. Aquí naceron os fachós grandes, que se facían por barrios e co fin de competir e gañar.
Anos máis tarde deixouse de dar premios e comezouse cuns chourizos ó remate. Logo veu o viño, máis tarde a queimada. Anos despois a bica. Tamén se lle uniron os gaiteiros e a charanga.
Bueno, pois todo esto é o que fixo que os fachós sexan o que son hoxe. Co bó e co malo.
Eu creo que lle hai que dar as gracias a moitísima xente que ano tras ano puxeron o seu grao de area para que esto sexa o que é, e comezo: Eladio Osorio alcalde,Sebastián, Notario, D. José, Pepe caixa ex-alcalde, Eladio Osorio M., Inés,Mingos Grilo, Marina ex-concelleira, Luisa ex-concelleira, Pepe Carniceiro, Airiños de Caldelas, e un longo etc. que me sería longísimo de escribir e no que seguro tamén estás tí, o que está lendo esto.
Que se pode mellorar, seguro. Só lle temos que dar ideas ós do Concello e que as saiban poñer en marcha. Pero entre todos conseguimos que esto fose o que é. Unha festaza

Anónimo dijo...

Ver a vila sen luz e a procesión que dura uns quince minutos é moi espectacular. Logo ter que esperar unha hora para comer un chourizo e un cacho de pan, pois non. É moito tempo salibando, digades o que digades.

Anónimo dijo...

Sexamos serios. Ninguen contestou as miñas preguntas. Estou dacordo en que é unha gran festa de promoción do Castro. Pero as cousas midense en función dos cartos que custa esta promoción. Por eso, volto preguntar, canto costou o combite.

Anónimo dijo...

El fachoeiro explica muy bien cómo ha ido evolucionando la fiesta de os fachós desde hace 30 años. Graciñas.
De todos modos creo que el origen es muy ,pero muy anterior.

Anónimo dijo...

Sigo sen entender de que peto saen os cartos para montar unha festa da que soio se benefician uns poucos.

Anónimo dijo...

eu tamén estou dacordo co fachoeiro enmascarado. Manola, se queres datos de cuartos supoño que terás que ilos pedir ó concello, bueno, nos xornáis viña tamén algún dato. A festa foi un exitazo e non só gañan os bares se non as pousadas e as tendas do Castro que se encheron de xente. Tamén gañamos todos os namorados do noso pobo que vemos como se enche de xente que o aprecia. Outra cousa, eu creo que se debería cobrar un pequeno prezo, algo simbólico polo que comemos e bebemos. Tamén creo que pode mellorar a organización no reparto, ainda que ahí os trogloditas e bestas somos nós, que, en canto algo é gratis, lanzámonos como si esto fose a posguerra. Bautista, creo que perdiches uns bos fachós, a procesión foi mais longa que outros anos pola afluencia de público. Para os que queren máis información sobre a festa: nesta mesma páxina tedes dous enlaces con outros blogs de caldelas (pontelouco e caldelao de caldelas -Eladio Osorio-) Non é que se faga ningún estudo exhaustivo, pero algo de información sí se da. VIVA O SAN SEBASTIÁN

Anónimo dijo...

Vexo que ninguén contesta. Un comentario mandame os blogs dos fillos do alcalde, parece que sabe pero non da datos e mandame o Concello. Non se trata de criticar negativamente senón de reflexionar a cerca do que se está a facer.

Anónimo dijo...

Había por ahí algué que falaba da orixe. A orixe é incerta. Púdose deber a un rito de culto o sol da época castrexa trasladado a hoxe en día, unha peste, un rito purificador, etc... O que sí é certo é que esta romería se cristianizou no 1750 (existe documentación o respecto) e que haí se meteu o S. sebastián polo medio (que seguro nada tiña que ver con esto). Nos anos 70 a festa estaba extinguida e un grupo de xente do pobo volveuna a recuperar. Un dos que capitaneou todo foi o cura

Anónimo dijo...

A ver, Manola, que non sei se me entendiches: os datos dos cartos claro que os terás que pedir no concello ¿ou pensas que os que lemos esto podemos ter este dato?. Remitinte a eses blogs porque son os únicos que eu coñezo, aparte diste, que falan do Castro (algún outro hai pero leva moitísimo sen porse ó día: o prado)e como eu os lera sabía que daban algún dato dos que ti preguntabas (non os económicos, claro). Agora, vouche dicir unha cousa (igual me equivoco, oxalá) eso de "mandame os blogs dos fillos do alcalde" non me gustou moito por varios motivos: 1º non te remitín a eles por este feito senon polo explicado máis arriba, 2º a ver si deixamos de mezclar touciño con velocidade e mesturar a pais con fillos (o que fai o alcalde como tal é responsabilidade dil, non se lle poden pedir contas os fillos e viceversa) 3º un dises blogs é claramente político (pódeche gustar máis ou menos) e efectivamente depende dun político, concelleiro do castro e fillo do alcalde. O segundo blog é dunha asociación e nela hai moita xente e moita xente participa, que non te confunda que se puxese un seudónimo ó autor (que realmente é unha pluralidade). As persoas pertecentes a dita asociación emparentados co Osorio teñen outra identidade (nomes e apelidos) distinta da de ser "fillos do alcalde", profesión da que creo que non exercen ¿entendes o que trato de dicir? A miña intención mandándote aí era boa e as preguntas que ti te fas tamén poden ser boas, pero eu interpreto esa frase túa dunha maneira que non me gusta, tratei de explicalo aquí, pero non sei se fun o suficientemente claro. En todo caso, que todo o mundo saiba que o blog do Ponte Louco nada ten que ver coa alcaldía, coa política nen con farrapos de gaitas, que todo mundo saiba que cada quen ten dereito a ser fillo de quen o pariu e non por iso responsable de nada. Grazas por lerme, Manola.

Anónimo dijo...

Moitas gracias. La información es muy interesante y pienso que habría que hacer hincapié en la tradición más que en los chourizos que no entiendo porqué hay que dar de comer a tanta gente gratis.
Posiblemente particulares podrían instalar sus puestos y ofrecer los chorizos y demás productos cobrando, claro. Es una opinión y que el Ayuntamiento siga organizando.

Anónimo dijo...

Las gracias van para los que han ofrecido información.

Anónimo dijo...

Maite poderías dicir que "se deberían cobrar os chourizos a un prezo simbólico", pero que só se ¿benefícian uns poucos?... O Pallón, os do Avenida, as do Luar, do Grilo, Rubio, España, Pepas, Castro, Fiadeiro, trilogy, Pousada, Caldelas Sacra, nini, Panaderías, Carniderías, ... e todos os que disfrutamos desta festa,a parte da gran repercusión mediática, ... E logo non creo que o presuposto sexa tan grande, se o comparas cos Remedios creo que van moito mellor invertidos que en tonis pérez. Pero ti co discursiño de sempre TODO MAL,...

Anónimo dijo...

Anda Catapiro, anda, os bares e pouco máis.

Anónimo dijo...

Eu creo que hai xente que pensa cos pés. Dicir que cos Fachós só se benefician uns poucos paréceme de curtos de mente: Pero aquí que se busca, a rendabilidade económica?. Eu non gañei un can coa festa e considérome que si que me beneficiei, e en moitos aspectos.
As festas deberían de autofinanciarse, pero se non é así tampouco pasa nada (sempre que non se derroche).
Ou é que todos os servizos que presta o concello deben autofinanciarse? E as estradas? E a educación? E a sanidade?
Maite deixa de dicir sandeces que non teñen nada de fundamento

Anónimo dijo...

Ariadna, non perdas o fío. Todos queremos a festa e estamos ledos de ver a forza que ten. Agora ben, sigo pensando que non é normal o da barra libre. Alguén apuntaba que o mellor un posto no que alguén, carnicerías, bares, etc, ou unha representación de todos vendesen a un prezo razoable productos da terra, queixos, chourizos, bicas, viño, etc...estou falando de facer evolucionar a festa, como tantas cousas... hai cousas que están ben e outras que son moi mellorables... deixa os pes para seguir camiñando, e non para pensar, que parece que é o que fas tí.

Anónimo dijo...

Como sempre che dí Bautista, é unha cuestión de forma. Ninguén ataca o fondo. A ver si che entra nesa cachola, carallo. A ver si te das conta que este é un espazo de libertade que nos brinda Bautista onde opinamo o que nos parece, sempre co debido respeto. Discrepar non é faltar o respeto.

Anónimo dijo...

También podría ser una oportunidad para los jóvenes y menos jóvenes con ganas de trabajar, poner unos puestos y ganarse un dinerito. Seguro que habría trabajo para todos. Son ideas.

Anónimo dijo...

Eu creo que o de dar as cousas gratis ten unha finalidade principal: promocionar e dar a coñecer esta festa, e por extensión o Castro e os seus produtos. Esto de regalar chourizos creo que é unha moi boa extratexia para conseguir esa finalidade. Agora ¿deberíase cambiar de estratexia? ¿depois de case dúas décadas a festa está o suficientemente promocionada? pois creo que si, e creo que se debería de cambiar de extratexia. Pero creo que a quen lle faltaron formas á hora de plantexar isto foi a Maite porque creo que esta festa beneficia a todo o sector terciario, que creo que en Caldelas é o de máis futuro, ademais beneficiase a crear unha bos imaxe dos produtos da nosa terra: porco, bica, viño, ... e pregntalle a moita xente con moi diversos negocios se crea ou non riqueza, eu creo que a resposta será unánime (e como xa dixen especialmente se se compara con outras festas).
Por último dicir que se poñan postos onde se vendan produtos da zona me parece moi bos idea, pero creo que os máis axeitados para facelo son os propios implicados ou a FETECAL, e non o concello.

Anónimo dijo...

Os productos que se regalan son mercados á xente do pobo ou comarca (así que eles xa gañan algo). Ninguén prohíbe (penso eu) que se poñan postos alternativos, de feito por ahí andaban os peruanos, así que ó mellor estades dando ideas para o ano que ven, oxalá. Eu penso que a festa sí xenera riqueza para o Castro, non só económica e non só nos bares. Tamén penso que se debería cobrar algo polo comido e bebido (agora que cando esto se produza, xa veredes a de críticas que lle cairán ó concello). E, por último, creo que o chourizo non é o centro da festa, pero todo, ó final, forma parte dela: os fachós coa procesión e o lume, os berros de ¡Viva o San Sebastián!, a música, os chourizos, o viño, a queimada... é todo un.

Anónimo dijo...

Eu pregúntome ¿os que se queixan de que todo é gratis comeron e beberon alí, trouxérono da casa ou foron mercalo a un bar?, tamén me pregunto ¿como credes que reaccionaría o pobo si houbese que pagar, habería críticas? Agora eu contesto: eu comín e bebín gratis; se cobrasen polas cousas habería as mesmas críticas ou máis, pero eu inclínome por esta opción ainda que so sexa para que lle demos valor ós productos. Outra cousa, quédome cos que din que os que gañamos somos todos, TODOS (económica e emocionalmente)

Anónimo dijo...

A min dame pena que a xente fale sin ter moita idea.Non se trata de comer por comer (que hai un ahí que é o que di no seu comentario)xa que si entras, por poñer un exemplo, na páxina do Concello ou lees algún dos xornais que deron esta fin de semana a crónica dos Fachós,explica cal é a tradición de festa , pero inda que se tratara de unha festa gastronómica, comer por comer, fai o favor e conta cantas festas hai en Galicia basadas no comer por comer (sin ningunha base tradicional)e que son sobre todo na Galicia interior as que están promovendo o turismo.
E alguén me pode decir quen coñecía a festa dos Fachós fai 15 anos e quen a coñece ahora? Hai 15 anos, os do pueblo, e ahora o alcance de esta festa e enorme, e eso trae turismo e trae movemento o pobo, e si sode s dos que queredes estar solos no pobo durante todo a ano e que non vos moleste nin Dios, e que a xente non veña a coñecer o pobo e a disfrutar de él, pois adiante, así nos vai a Galicia interior,pero eu creo que hai que pensalo ben xa que eu non penso que a hostelería sexan os únicos que se benefician. A maioría da xente celebra os fachós nas súas casas case coma un día dos Remedios, ten invitados a comer (provocando un maior consumo nese día), danse a coñecer os nosos productos típicos e... por certo Maite (por que tu por exemplo hai outro día no ano que te beneficias de por un posto totalmente gratis porque se celebra un festival no pobo e os do sector de servicios non che van pedir a tí explicacións ¿non si?,tamén podes por un posto e vender xabóns ese día se e que te queres beneficiar, que non creo que a xente lle parezca mal). Eu creo que o maior beneficio que podemos ter coma Caldelaos e que a xente veña o pobo, que o conozca, que fale de él , que os xornais máis importantes de Galicia nos dediquen unha páxina o día seguinte, que o ano pasado se fixera un programa de televisión (ALALA na galega)falando dos fachós, e que non morra a festa que no Castro (e en Galicia en xeral) hoxe por hoxe e unha das cousas que máis xente move.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Paio, máís que un comentario é un discurso político. Notase que andamos de campaña e saenos fácil. Mira as cousas son mellorables e non ten lies, eu non poño nengún posto nen teño negún posto que defender. Eu soio opino porque desexo que as cousas vaian a mellor.

Anónimo dijo...

VIVIR EN CALDELAS QUE BONITO É ANDAR NOS FACHÓS E DORMIR DE PE...
Para os que vivimos ( e refírome a vivir, a vivir todo o ano, de luns a domingo as vintecatro horas, e non só estar censados) ver o pobo así é unha ledicia. Pero xa vexo que o caso é criticar o que fan as demáis,claro que se non se fixera nada tamén teríades algo que decir. Todo se pode mellorar está claro e que quede moi claro que todos (non só os que mandan) podemos axudar a melloralo.

Anónimo dijo...

Ese é o argumento retrógrado o que finalmente te agarras...prepárate que non sei si che queda moito tempo de parranda.

Anónimo dijo...

Manola, amenazasme con algo? Eu andarei de parranda o tempo que me de a gana e con quen me dé a gana,e andarei de parranda nos fachós, nos Remedios, no Ponte Louco os sábados e festivos de mañá e noite se me peta, que por si non o sabes esto é unha nación libre. Por certo, seguro que para profesar amenazas encontras blogs de outros caracteres nos que podas amenazar ou prohibir si que ninguén te chame a atención.

Anónimo dijo...

Maite, engánaste eu non son político, nin do goberno nin da oposición, pero bueno engánaste en eso e en outras moitas cousas...

Anónimo dijo...

Bautista: qué pena me da leer todo esto! y no me refiero a lo que dices tú sino a esta guerra absurda de comentarios y acusaciones que no puedo comprender, lo siento. Hacía años que no venía a los fachones porque mi trabajo sólo me permite hacerlo cuando cae a sábado. Ver el Castro así simplemente me emocionó: cientos de fachones, cientos de personas, gaiteiros, bares llenos, caras felices. Hace nada éramos cuatro monos y a las once ya no quedaba nadie ¿y ahora? Yo respeto todas las opiniones, pero, sinceramente, algunas no las comparto. Me aburre tanta acusación, dirfrutemos la fiesta, pasémoslo bien.

Bautista Sotelo dijo...

Melancólica, ao igual que tí non comparto moitas opinións pero este espazo pretende ser unha fiestra aberta onde haxa vida . O debate é vida , ainda que algunhas opinións non nos gusten ou se pasen un chisco da raia. Eu son o primeiro sorprendido moitas veces cas temáticas que van saindo pero nunca trato de cortalas. Interesa o debate, interesa coñecer outras voces, as dos que se sentan ao fondo do bar e nunca levantan a voz. Entre os comentarios dos lobos disfrazados con pel de ovella, de vez en cando, atopanse comentarios frescos con opinións moi interesantes.

Anónimo dijo...

Pois eu quería felicitar a todos os que durante moitos anos: politicos de distintos partidos, e xente de a pé que fixeron que esta festa sexa o que é, porque de vez en cando ser agradecidos non é mala cousas.
Depois dunha dose de agradecemento unha de mamoria: recordo cando os fachós e o San amaro tiñan unha repercusión semellante (hai uns 30 anos), dende aquela aos fachós houbo xente que lle se soubo dar a importancia que merece, e ao San Amaro, ningún dos que decimos que somos caldelaos, fixemos (ou non soubemos facer) pouco porque esa festa se converta nunha páxina da nosa infancia, o mesmo se podería dicir da tradición do Irrio en vías de instinción ("nosa culpa")... Así que creo que criticar a todos eses que o fixeron, e fixerono ben sábeme mal... Eso si se podería mellorar a festa, pero creo que merece moi boa nota.

Anónimo dijo...

Antes, efectivamente, o San Amaro era unha festa máis importante. No cole deixabannos saír antes ós "do Castro" par poder ir alí. Aquelo sí que era comer chourizos... (cada un levaba o seu). Pode que Catapiro teña razón, polo San Amaro fixemos pouco, ainda que tamén é verdade que non era unha festa tan "vistosa e pagana" como os fachós. Eu sí lembro o San Amaro como parte da miña infancia, pero non da miña madurez, cousa que pasa co San Sebastián (vou cando podo). Ás veces a "culpa" de que as tradicións se perdan témolas nós... digo eu. Eu voume unir ós que pensan que os fachós estiveron ben.