miércoles, enero 09, 2008

Señalización en galego



Para cando unha señalización das rúas en galego e posta en valor dos edificios e patrimonio de Castro Caldelas. Concellos como o de Manzaneda, por non ir máis lonxe, xa nos dan exemplo de normalización linguística.

41 comentarios:

Anónimo dijo...

Outro día, nun xuntanza familiar, saiu o tema do nome das rúas no Castro, falando dos homenaxeados, e tamén nos sorprendíamos de que nos sucesivos gobernos socialistas do Castro Caldelas non se tomara ninguha decisión sobre este tema.

Anónimo dijo...

A verdade que me gustaría ver a lingua dos meus devanceiros tomando as rúas e espacios públicos. Penso que esas placas que pide Bautista axudarían de verdade a que os moradores do campo santo descansaran en paz.

Anónimo dijo...

Deixando os moradores do camposanto tranquilos, as rúas en galego forman parte do cumprimento da ley e non creo que sexa un problema de presupostos. Incluso, penso, que normalización linguística da cartos para estas cousas. É hora de que o Concello se apunte un tanto.

Anónimo dijo...

Bautista, esta iniciativa non debería atopar atrancos:
Osorio fala galego.
Alberto fala galego.
Inés fala galego.
Eduardo, Manuel, Domingo e Ricardo, falan galego
O Antonio e Pumar falán galego.

Anónimo dijo...

notase que non sabedes con quen tratades.

Anónimo dijo...

Quede claro que non son o Pepiño do Grilo. Soio quero preguntar si alguén sabe que se está a facer no espacio público que hai diante da casa do bisagras. Si hai proxecto. Si hai licencia. Si hai detrás desto algún técnico cualificado ou vaise facendo ao criterio do Efrén, que vexo que mira moito polo sitio.

Anónimo dijo...

Pareceme moi boa idea. Un pobo medieval como o Castro necesita letreiros que indiquen o que é cada cousa.

Anónimo dijo...

Pepiño : As túas agudas preguntas somos varios a facelas.Eu só vexo un enreixado tan feo e tupido que ben parece que queren evitar que alguén poida escapar. O chan quedou ben onde o cubriron , pero só onde cubriron, porque hai unha especie de parche e o resto quedou sen nada. Do autor do proxecto nada se sabe. Case mellor!!

Anónimo dijo...

A verdade, un espacio tan importante como ese debería ser pensado por un arquitecto con certa experiencia no tratamento de espacios publicos galegos. Coido que esto é o que vai quedar logo da petición da peatonalización dos amigos de caldelas.

Anónimo dijo...

ah! estaría moi ben que o goberno actual, ainda que nunca estivo no seu programa político, tomara en serio esta iniciativa da señalización que propón Bautista, penso tamén que se apuntaría un bo tanto.

Anónimo dijo...

A normalización lingüística non foi prioridade ata o momento.

Anónimo dijo...

É de agradecer que Bautista reivindique cousas para a nosa vila pero a realidade é a que é. Non hai peatonización nen nada que se lle parezca, cada quen segue facendo o que lle peta, A fonte do lado do Concello, que tanto reivindicaches, aí segue no mesmo estado de abandono. Que será da nosa vila dentro 15 anos está por ver. O que está claro é que ninguén quere pensar neso e o caso é ir consumindo a enerxía das pilas.

Anónimo dijo...

O da praza do Concello, a ver si o entendo: se deixan as prazas como están mal, se se arranxan tamén mal. E Pepiño creo que iso poderíalo preguntar no Concello, por exemplo nun pleno no apartado de rogos e preguntas, pero dubidar sobre a existencia dun proxecto pareceme un pouco forte.
Respeto ao da normalización das Rúas paréceme unha moi boa idea que o concello debería tomar nota.

Anónimo dijo...

Catapiro, eres duro de cachola. Das por feito que construir no Castro sen plano e sen arquitecto é algo extrano, raro, excepcional, cando máis ben é a norma, ca complacencia do Concello que mira para outro lado.

Eu pregunto para saber como se artellou a idea da intervención nese espacio público. Enviarme a preguntar a un pleno non me parece unha resposta moi correcta. Porqué non hai información pública de todo esto. Porqué no se lle presentan a ciudadanía os proxectos que se van facer, para que os demáis poidan opinar. Sería unha boa práctiva democrátiva. É tan raro o que estou a pedir.

Anónimo dijo...

Nen a normalización lingüística, nen o trazado da autovía, nen o arranxo das fontes, nen, nen ,... Entón que foi o prioritario ata o momento? porque como ver pouco se viu. Bueno será cuestión das miñas diotrías; o día que cambie as gafas hei ficar apampado.

Anónimo dijo...

Sodes moi ambiciosos pero as cousas en Castro Caldeals non dan para tanto.

Anónimo dijo...

¿ Pero qué tanta discusión estéril? Hai cousas incomprensibles, sen discusión e á vista de tod@s:
que o arranxo da praza por riba do muro é UNHA CHAPUZADA veo calquera que teña un mínimo de sentidiño da estética, do equilibrio, da proporción , da beleza en definitiva.
Un espazo tan á vista, tan central, tan amplo ...¿non merecía outra cousa que catro pedras postas ata a metade da plaza, un enreixado cutre e vulgar e dous bancos solitarios mirando para a ferretería!!!!!! meu Deus? POIS claro que se precisaba un carallo de proxecto decente!!!! Creo que van ir unhas árbores entre os solitarios bancos. Pois será o único acertado, algo de verde esperanzador neste negro Castro das piltrafas e fealdades a que nos ten acostumados o concello...tanto que a algúns parécelle todo ben...

Anónimo dijo...

O de sempre:
temos o que nos merecemos.
¿Para cando un cambio de goberno?
¿ para cando outra alternativa de esperanza!!!!!!!????? E que afogamos berramos e protestamos e seguimos limpándolle o sillón de alcalde cada catro anos o Sr Osorio...que nos ten estancados .

Bautista Sotelo dijo...

Non sabía que se estaba arreglando unha parte da praza. A ver si alguén pode enviar unha foto para publicar e poder facer unha entrada. Grazas.

Anónimo dijo...

Penso que Osorio debería replantearse o seu estilo e consensuar máis unha actuación tan importante como a da praza ou seus espacios. A ver si alguén pode informar a cerca da idea do proxecto. Haberá unha memoria e uns obxetivos ou no é asi como se fan as cousas.

Anónimo dijo...

Estou darcordo en que hai que señalizar as rúas do pobo e as casas que teñen algo especial. E hora de que nos preocupemos pola imaxen, por comunicar ben o noso patrimonio. É o que temos.

Anónimo dijo...

Cales son os proxectos ou as ideas do Concello para contrarestar a decadencia que vive a vila.

Anónimo dijo...

e penso eu
PORQUE NO FACER UNS LETREIROS EN CASTELAN E GALEGO.
QUE GALIZA NON E DE ESPAÑA ?

Anónimo dijo...

Non

Anónimo dijo...

En galego, por suposto. A ver si nos normalizamos dun vez.

Anónimo dijo...

asi nos vai. Temos o que somos, borregos moi borregos ás veces...miren polo seu, miren polo seu.

Anónimo dijo...

Xa lle vale o Concello. É necesario facer xa unha señalización como se merece a nosa vila.

Anónimo dijo...

Menos regalar chourizos e promover un pouco máis na liña da cultura real. Normalizar dunha vez os espacios públicos. Galego xa, nas rúas.

Anónimo dijo...

O anónimo que na cima dá nomes de concelleiros non ten nin idea de quen forma a corporación. A metade deles xa non son ediles

Anónimo dijo...

Ja ja ja dice o pepiño grilo que hai que consensuar as obras. Seguro que o próximo paso é que o concello monte un blog para pedir opinions a anonimos coma ti. Por certo onte pola mañá achegueime o concello para preguntar sobre a obra. Resposta: Fíxose cunha subvención da consellería de industria por ser un recinto onde se fai a feira (as artimañas que teñen que facer os políticos para poder rascar algo de cartos para o pobo), vin o proxecto (que si que o hai) e sorpresa non está asinado por un arquitecto (está asinado por unha arquitecta e unha arquitécta técnica).
Para a proxima vez creo que o mellor e facer coma fixen eu achegarse o concello e preguntar se hai algo que nos interesa e non larexar por ahí adiante.

Anónimo dijo...

É posible que cometera erros na relación de concelleiros pero a miña relación fíxena en base a relación que hai na páxina do Concello de Castro Caldelas.

Anónimo dijo...

"As artimañas que teñen que facer os políticos para poder rascar algo de cartos para o pobo" Ariadna dixit.
Non hai que valorarllo para nada ,iso está incluído nas funcións de calquera político mínimamente responsable. Ninguén os obriga a soportar tan "pesada carga" poden deixala cando queiran.Non se da o caso, case nunca.

Anónimo dijo...

Curiosa explicación, a de Ariadna. Haberá que tirar do fío. Que pinta unha arquitecta técnica decidindo un espacio tan principal como é este.

Anónimo dijo...

Resulta curioso ver o blog do Eladio Osorio ca banderola pedindo o dominio gal cando logo no Castro ninguén se acorda de galeguizar o espazo público.

Anónimo dijo...

Ariadna, non sei que che fai tanta gracia. Consenso ou calquera forma que mellore a participación son instrumentos habituais na mellora da democracia. Xa me explicarás onde está a gracia.

Anónimo dijo...

Pepiño, le ben "unha arquitecta e unha arquitecta técnica", e xa que che interesa tanto a arquitectura, e vese que sabes bastante, ademais o concello ten traballando un arquitecto (que non é a que asina o proxecto)e digo que non será tan malo, porque o vai fichar (ou xa o fichou, esto non cho sei aclarar) a Consellería de Vivenda para levar o plan de Rehabilitación integral. Por certo sei algo máis que a obra pretendese continuar, e polo visto vai ocupartar toda esa zona que está diante do concello, e diante da casa da Martina, e arranxar as escaleiras que soben polo Toural, e arranxar a fonte.

Anónimo dijo...

Son moi boas novas. Arranxar esa parte da praza é de vital importancia. Agora ben, tamén o é o forma en como se executen esas obras. Logo da praza do murallón, perdoa que teñamos dudas.

Anónimo dijo...

tanto falar de galego e normalización, e de galeguismo e logo os nosos fillos pómoslle os nomes en castelán e nos nosos negocios tamén.

Anónimo dijo...

Mira Bautista, o da señalización está moi ben pero o Partido Popular do Castro penso que xa propuxo, nalgun momento, algo parecido, con escaso éxito. Que esperte o Bloque do seu soño e entre todos mal será que no nos poñamos dacordo.

Anónimo dijo...

logo dín que levan o pobo na alma. No peto, alí é onde o levan.

Anónimo dijo...

Maite, falarás por ti, imaxino